Ficha biblioteca

Nova Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para gastos de funcionamento
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación06/05/2024 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosConcellos
Descrición O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 €. Estas achegas complementan a outra orde de axudas anual a través da que o Goberno galego dota de equipamento de emerxencias estes colectivos.
Detalles contido
Preto de 200 agrupacións de voluntarios de Protección Civil benefícianse do apoio da Xunta para gastos de funcionamento O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións dotada con 340.000 €. Estas achegas complementan a outra orde de axudas anual a través da que o Goberno galego dota de equipamento de emerxencias estes colectivos.
06/05/2024|Xunta de Galicia

Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de axudas destinada a financiar os gastos de 191 agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios. A contía global concedida ascende a 340.000 euros.

Por provincias, 64 colectivos da Coruña recibirán axudas por valor de 114.637 euros; en Lugo, son 33 agrupacións beneficiarias, cun orzamento de 55.272 euros; en Ourense, hai 64 que suman un financiamento de 109.696 euros; e en Pontevedra, as axudas chegarán a 30 agrupacións, con 60.424 euros.

As contías poderanse destinar a necesidades como equipamento e uniformes; equipos de prevención e protección, sempre que se trate de material funxible; custos de actuacións levadas a cabo pola agrupación, mantemento, transporte, ou conservación e alugamento da base; pagamento de seguro de accidentes e responsabilidade civil do persoal voluntario; custos de formación dos seus membros; ou equipamento de material informático e de comunicacións.

Esta convocatoria complementa outros programas do Goberno galego para mellorar os medios de emerxencias dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Así, ademais das axudas directas para colaborar cos gastos de funcionamento, a Xunta reforza o material de emerxencias das AVPC coa convocatoria anual para facilitar equipamento como tendas de campaña para emerxencias, vehículos tipo pick-up, remolques de emerxencias, esparexedores de sal e coitelas de retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevaradas. Na última resolución resultaron beneficiadas 86 agrupacións que se distribuíron máis de 400.000 euros.

Apoio en formación

A maiores do apoio económico, o Goberno galego impulsa a formación destes colectivos a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), onde os voluntarios destas agrupacións e os profesionais dos distintos servizos de emerxencias dispoñen de accións formativas para actualizar os seus coñecementos e poder realizar unha intervención eficaz ante calquera incidencia. Ao longo de 2023 realizáronse 14 edicións de cursos básicos e 69 edicións de formación continua, con máis de 1.900 participantes en total.

Na actualidade hai rexistradas en Galicia 235 agrupacións de voluntarios de Protección Civil, o máximo histórico, que suman máis de 4.400 efectivos.

Temas:Administración pública
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Concellos
Valorar:
Compartir contido