Declaración de accesibilidade
A Xunta de Galicia comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
Esta declaración de accesibilidade aplica ao sitio web do portal da Administración Local de Galicia.
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- Falta de conformidade co RD 1112/2018
- Na páxina da biblioteca existen diferentes erros que poden dificultar o uso de produtos de apoio para navegar pola páxina que afectan a diferentes requisitos como: 9.1.1.1 Alternativas textuais, 9.3.3.2 Etiquetas ou instruccións, 9.2.4.7 Foco visible de EN 301549 v2.1.2 – 2018
- Tamén existen problemas no código fonte por mor de facer uso de identificadores repetidos ou da identificación correcta do idioma nalgúns contidos que afectan aos requisitos 9.4.1.1 Procesamento e 9.3.1.2 Idioma das partes de EN 301549 v2.1.2 – 2018
- A activación de xanelas modais só co teclado non é funcional nalgúns casos o que pode provocar perdas de información [requisito número 9.2.1.1 Teclado de EN 301549 v2.1.2 – 2018]
- Carga desproporcionada: non aplica.
- O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 12 de maio de 2020
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Última revisión da declaración: 12 de maio de 2020.
Observacións e datos de contacto
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web a través do Sistema Integrado de Atención á Cidadanía de xeito electrónico, telefónico ou presencial.
As comunicacións serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia.
Procedemento de aplicacións
O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.
Contido opcional
Data da última revisión
A última revisión de accesibilidade foi realizada o 12 de maio de 2020
Ligazóns relacionadas
- Pautas de accesibilidade para o contido web versión 2.1 - Recomendación do W3C publicada o 5 de xuño de 2018
- Guía rápida sobre como cumprir coas pautas de accesibilidade para o contido web versión 2 - Publicación do W3C
- Iniciativa de accesibilidade do W3C
- Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público
- Estratexia da accesibilidade - Portal da Administración electrónica
- Norma UNE-EN 301 549:2019, coa versión 2.1.2 da Norma EN 301 549:2018, dos "Requisitos de accesibilidade para produtos e servizos TIC"
- Atención á cidadanía