Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o "Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.

A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel "eidolocal.gal" e dos distintos elementos nel incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditos ligazóns.

A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia ou das Entidades locais nel se inclúen.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.
 
Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.
 
Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse en dous tipos segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:
  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.
A finalidade do uso das  cookies que emprega este Portal é a de mellorar os servizos que ofrece mediante a análise dos hábitos de navegación de forma anonimizada. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais.
 
Coa súa navegación vostede fai uso das cookies que utiliza este Portal, que son de dous tipos:
  • Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
  • Cookies analíticas de terceiros: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Descrición das cookies do portal Eidolocal

Tipo de Cookie Cookie Finalidade Politica
Propia JSESSIONID, EIDOLOCALSESSIONID, LFR_SESSION_STATE Manter activa a sesión da persoa usuaria Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia altoContraste Manter a seleción do usuario da utulización do tema de alto contraste Xunta de Galicia - Política de cookies
Propia i18next,GUEST_LANGUAGE_ID Manter a selección do idioma Xunta de Galicia - Política de cookies
De terceiros (Google) _gid, _ga Analítica e distinguir ás persoas usuarias Google Analytics - Protección de datos
De terceiros (twitter) guest_id, personalizacion_id Empréganse pola rede social no caso de compartir contido en Twitter Twitter - Uso de cookies e tecnoloxías similares
 
Para coñecer a forma na que deshabilitar as cookies do seu navegador, indicámoslle os pasos para seguir nos principais navegadores:
  • Microsoft Edge: Ferramentas → Opcións da internet → Privacidade → Configuración. Para máis información, pode consultar a axuda do navegador ou premendo aqui.
  • Firefox: Ferramentas → Opcións → Privacidade → Historial → Configuración Personalizada. Para máis información, pode consultar a axuda do navegador ou premendo aqui.
  • Chrome: Configuración → Mostrar opcións avanzadas → Privacidade → Configuración de contido. Para máis información,pode consultar a axuda do navegador ou premendo aqui.
  • Safari: Preferencias → Seguridade. Para máis información, pode consultar a axuda do navegador ou premendo aqui.

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente.

 

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais.

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable de xurisdicción

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.