Boletín

Suscríbase aos boletínsSuscríbase aos boletíns
Data: 02/02/2015 Boletín de novas 2ª quincena de xaneiro
Contidos destacados
Nova Data: 29/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A EGAP publica o Plan de formación do persoal das entidades locais de Galicia Publicado o Plan de formación do persoal da Administración da CCAA, das entidades locais , da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas para o ano 2015
Contidos boletín
Nova Data: 16/01/2015 | Fonte: DOG | Valoración:0 de 5 Publicada a convocatoria de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2015 e 2016. O obxecto destas subvencións o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego .
Nova Data: 19/01/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Amtega publica no repositorio de software libre da Xunta a aplicación web de xestión de aulas da rede CeMIT XEA é unha ferramenta que permite a xestión unificada e coordinada das actividades, axentes e usuarios das aulas
Nova Data: 20/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión ás festas declaradas de interese turístico de Galicia A Axencia de Turismo de Galicia ven de facer pública a convocatoria de axudas dirixidas a concellos para sufragar parcialmente os investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia
Nova Data: 20/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Axudas a concellos turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo A Axencia de Turismo de Galicia publica a convocatoria de subvencións a concellos declarados municipios turísticos, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro
Nova Data: 22/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Aprobado o escudo do Concello de Mos e o escudo e bandeira do Concello de Malpica de Bergantiños Os Concellos de Mos e de Malpica consideraron conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme as normas de heráldica
Nova Data: 23/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Convocadas as axudas aos concellos para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos Estas axudas convocadas pola Conselleria de Economía e Industria teñen por obxecto a adecuación e a mellora dos equipamentos públicos comerciais municipais
Nova Data: 23/01/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense | Valoración:0 de 5 Programa provincial de cooperación cos concellos para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipais A Deputación de Ourense ven de facer pública o programa provincial de cooperación cos concellos para a realización de actuacións de limpeza das marxes das redes viarias municipais e provincias para o ano 2015
Nova Data: 26/01/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 Publicada a normativa de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Oleiros A Administración autonómica dálle luz verde ao Planeamento logo de que o Concello solucionase as deficiencias que motivaron unha aprobación parcial en marzo de 2009
Nova Data: 29/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A AGASP convoca cursos de formación continua para o persoal dos corpos da Policía local dos concellos de Galicia Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que estean en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares
Nova Data: 29/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A EGAP publica o Plan de formación do persoal das entidades locais de Galicia Publicado o Plan de formación do persoal da Administración da CCAA, das entidades locais , da Administración de xustiza e do persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas para o ano 2015
Nova Data: 30/01/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Convocadas as axudas a concellos de menos de 50.000 habitantes para a adxudicación de equipamentos de emerxencias A Vicepresidencia da Xunta publica a convocatoria de axudas para a adxudicación de equipamentos de emerxencias, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos
Nova Data: 30/01/2015 | Fonte: Deputación da Coruña | Valoración:0 de 5 Posta en marcha do Portal de Transparencia do Concello de Brión En cumprimento da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno o Concello de Brión a través da súa sede electrónica, pon en marcha o Portal de Transparencia
Enviar