Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
De acordo
Máis información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía local
Biblioteca
Servizos
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscríbase aos boletíns
Data: 16/02/2015
Boletín 1ª quincena de febreiro
Contidos destacados
Data: 09/02/2015 | Fonte: Xunta de Galicia |
A Xunta invita á cidadanía a participar na confección da súa futura Lei de transparencia e bo goberno
Os interesados poderán enviar as súas suxestións ata o vindeiro 4 de marzo a través dun sinxelo formulario online na páxina web da Vicepresidencia
Contidos boletín
Data: 02/02/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña |
O Concello de Cee aproba definitivamente a ordenanza reguladora de administración electrónica
A Ordenanza constitúe o marco a través do cal a Administración municipal, no seu ámbito organizativo e de acordo coas súas competencias, asume o compromiso para desenvolver a implantación da Administración electrónica
Data: 02/02/2015 | Fonte: Deputación de Lugo |
A Deputación de Lugo dota gratis aos Concellos de novas prestacións tecnolóxicas e xurídicas
O organismo provincial reforza os servizos do Innova-TE implantados nos municipios, como a sede electrónica ou páxinas web, ofrecéndolles a adquisición e instalación a custe cero dun novo software por valor máximo de 10.000 euros
Data: 04/02/2015 | Fonte: Femp |
Entra en vigor a asistencia técnica para xestión de multas de tráfico
A Central de Contratación da FEMP puxo en marcha un novo servizo para as Entidades Locais de prestación do servizo de asistencia técnica na xestión de multas de tráfico
Data: 04/02/2015 | Fonte: Xunta de Galicia |
A Xunta e o Concello de Santiago compartirán infraestruturas de telecomunicacións
O Plan de Banda Larga da Xunta facilitou o acceso a Internet a máis de 13.600 veciños de 51 núcleos de Santiago
Data: 05/02/2015 | Fonte: Deputación da Coruña |
Posta en marcha do Portal de Transaparencia do Concello de Boqueixón
En cumprimento da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno o Concello de Boqueixón a través da súa sede electrónica, pon en marcha o Portal de Transparencia
Data: 06/02/2015 | Fonte: Concello de Ribadeo |
Presentadas as novas webs turísticas do Concello de Ribadeo
A Casa de Galicia, en Madrid, acolleu a presentación da campaña de promoción turística #Ribadeoxqsí e a nova web turismo.ribadeo.org.
Data: 09/02/2015 | Fonte: Xunta de Galicia |
A Xunta invita á cidadanía a participar na confección da súa futura Lei de transparencia e bo goberno
Os interesados poderán enviar as súas suxestións ata o vindeiro 4 de marzo a través dun sinxelo formulario online na páxina web da Vicepresidencia
Data: 09/02/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia |
Axudas para a adxudicación de vehículos e motocicletas de policía local a concellos de menos de 50.000 habitantes
A Vicepresiencia da Xunta vén de facer pública as bases da convocatoria das axudas para a adxudicación de vehículos e motocicletas a concellos de menos de 50.000 habitantes, que conten con corpo de policía local
Data: 10/02/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense |
A Deputación de Ourense convoca subvencións a concellos para a organización de actividades culturais e recreativas no 2015
O obxecto desta convocatoria é que a Deputación de Ourense regule a concesión de subvencións para o financiamento de proxectos de actividades culturais e/ou recreativas promovidos por concellos
Data: 10/02/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña |
Programa de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais no ano 2015
A Deputación da Coruña aproba o Programa de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais no ano 2015 por un importe total de 4.017.154,33 €
Data: 11/02/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Ourense |
A Deputación de Ourense convoca subvencións a concellos e mancomunidades para a realización de actividades e programas deportivos
Estas subvencións teñem como finalidade financiar actividades e programas deportivos levadas a cabo por Concellos e Mancomunidades da Provincia durante o 2015
Data: 13/02/2015 | Fonte: PAE |
Dispoñible o novo Código de Administración Electrónica no BOE
Esta nova versión do código recolle máis exhaustivamente a normativa relacionada toda ela consolidada. Pódese consultar en formato HTML, PDF e descargar como libro electrónico EPUB
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaxe