Boletín

Suscríbase aos boletínsSuscríbase aos boletíns
Data: 19/05/2015 Boletín 1ª quincena de maio
Contidos destacados
Nova Data: 04/05/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Xunta dá luz verde á Axenda Dixital 2020 que mobilizará o maior investimento en TIC da historia de Galicia A axenda conta con 1.550 millóns de euros e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital
Contidos boletín
Nova Data: 04/05/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Publicada a Lei de emprego público de Galicia A través desta lei trasládase ao ámbito autonómico o espírito do Estatuto básico do empregado público, garantindose un marco común para o emprego público de todas as administracións públicas ás cales se estenden as competencias lexislativas da CCAA de Galicia
Nova Data: 04/05/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Xunta dá luz verde á Axenda Dixital 2020 que mobilizará o maior investimento en TIC da historia de Galicia A axenda conta con 1.550 millóns de euros e cuns obxectivos definidos que establecen 20 desafíos a cumprir no que resta de década, de cara a articular e consolidar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital
Nova Data: 05/05/2015 | Fonte: Boletín Oficial do Estado | Valoración:0 de 5 O Ministerio de Enerxía Industria e Turismo convoca as axudas para a renovación das instalacións de iluminación exterior municipal O obxecto das axudas é incentivar e promover a realización de actuacións no sector de iluminación exterior municipal que reduzan as emisións de dióxido de carbono, mediante a execución de proxectos de aforro e eficiencia enerxética
Nova Data: 06/05/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia de Lugo | Valoración:0 de 5 Convocadas as axudas para a posta en marcha, mantemento e nova creación dos servizos de normalización lingüística A Deputación de Lugo convoca as subvencións destinadas a gastos correntes da posta en marcha, nova creación ou mantemento dos Servizos de Normalización Lingüísticas (SNL) para agrupacións de concellos da provincia
Nova Data: 07/05/2015 | Fonte: Deputación de Pontevedra | Valoración:0 de 5 A Deputación de Pontevedra abre unha oficina do ORAL en Vigo Esta oficina atenderá a 20.000 vigueses que pagan tributos municipais a través da Administración provincial e a máis de 98.000 veciños da área metropolitana
Nova Data: 08/05/2015 | Fonte: Femp | Valoración:0 de 5 A FEMP e o Ministerio de Sanidade seguirán fomentado os estilos de vida saudables nas cidades O acordo renovado entre ambas as entidades potenciará o traballo que desenvolve a Rede Española de Cidades Saudables e a aplicación no ámbito local da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención
Nova Data: 12/05/2015 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Axudas concedidas a concellos declarados municipios turísticos, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro A Axencia de Turismo de Galicia dá publicidade ás axudas concedidas a concellos declarados municipios turísticos para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro do ano 2015
Nova Data: 13/05/2015 | Fonte: BOE | Valoración:0 de 5 Convocadas as axudas para danos en infraestruturas municipais e rede viaria das deputacións provinciais e forais, así como das CCAA uniprovinciais O Minhap publica as bases das subvencións polo que se adoptan medidas urxentes para reparar os danos causados nos dous primeiros meses de 2014 polas tormentas de vento e mar na fachada atlántica e costa cantábrica
Nova Data: 15/05/2015 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña | Valoración:0 de 5 Concesión definitiva de subvencións correspondentes á convocatoria de socorrismo e a convocatoria de limpeza de praias dirixida aos concellos A Deputación da Coruña publica dúas resolucións pola que se aproban a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa de socorrismo e as correspondentes ao programa de limpeza de praias marítimas dirixidas a concellos
Nova Data: 15/05/2015 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A rede CeMIT pon en marcha en 14 centros un banco de tempo para compartir actividades A primeira actividade formativa, “Creación de tendas en liña con Opencart” retransmitida dende Oroso, conta con 48 persoas matriculadas nos 5 concellos participantes
Nova Data: 15/05/2015 | Fonte: Deputación de Ourense | Valoración:0 de 5 O programa de Compostaxe doméstica promove a concienciación medioambiental nos concellos da provinciade Ourense A maior parte dos compostadores colocados nas vivendas foron inspeccionados in situ polos técnicos co fin de comprobar a operativa destes. Na súa práctica totalidade atopábanse a pleno rendemento
Enviar