Boletín

Suscríbase aos boletínsSuscríbase aos boletíns
Data: 02/06/2014 Boletín de novas 2ª quincena de maio
Contidos destacados
Nova Data: 30/05/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Entra en vigor a Lei 5/2014, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración local Un dos obxectivos básicos da reforma consiste en clarificar as competencias municipais para evitar duplicidades coas competencias doutras administracións de forma que se faga efectivo o principio «unha Administración, unha competencia»
Contidos boletín
Nova Data: 16/05/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Rede Dixital de Emerxencias se acenderá en xaneiro de 2015 O presidente da Xunta subliña que se trata dunha ferramenta exclusiva para todo o persoal de emerxencias da comunidade que garante a seguridade e blinda a comunicación e a coordinación ante as incidencias
Nova Data: 19/05/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 A Axencia de Turismo de Galicia convoca as axudas a concellos para o apoio, promoción e difusión ás festas declaradas de interese turístico de Galicia As subvencións teñen por obxecto sufragar parcialmente os investimentos directamente vinculados ao apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia
Nova Data: 21/05/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Publicidade do comezo da actividade administrativa para efectos do rexistro xeral, no Concello de Nigrán A Vicepresidencia da Xunta dá publicidade ao comezo da actividade de rexistro xeral, da documentación dirixida á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no Concello de Nigrán
Nova Data: 23/05/2014 | Fonte: Portal de datos.gob.es | Valoración:0 de 5 Federación do portal open data da Xunta de Galicia Desde o 21 de maio de 2014 xa se poden consultar desde datos.gob.es os conxuntos de datos abertos que a Xunta de Galicia pon a disposición a través do seu portal Open Data
Nova Data: 26/05/2014 | Fonte: FEMP | Valoración:0 de 5 Acordo FEMP-INAP para impulsar a capacitación dos empregados locais En concreto, o convenio prevé o intercambio de experiencias das dúas institucións en materia de formación e investigación, así como o intercambio permanente de información sobre as actividades formativas ou de aprendizaxe e a coordinación anual do programa
Nova Data: 28/05/2014 | Fonte: Deputación da Coruña | Valoración:0 de 5 Presentado na USC o primeiro barómetro de xestión municipal da provincia da Coruña O presidente da Deputación da Coruña asiste á presentación do Barómetro de Xestión Municipal realizado pola USC
Nova Data: 28/05/2014 | Fonte: Boletín Oficial da Provincia da Coruña | Valoración:0 de 5 Creación da sede electrónica do Concello de Porto do Son e delegación da súa xestión O Pleno do Concello de Rianxo, adoptou o acordo de creación dá sede lectrónica , cumplindo así a Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos
Nova Data: 28/05/2014 | Fonte: Xunta de Galicia | Valoración:0 de 5 A Consellería de Traballo e a Fegamp avalian os avances na tramitación da creación da Axencia Galega de Servizos Sociais A Consellería de Traballo e Benestar e a Fegamp avalian os avances na tramitación da creación da Axencia Galega de Servizos Sociais e abordaron tamén outras liñas de colaboración existentes entre o departamento autonómico e as entidades locais
Nova Data: 30/05/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Entra en vigor a Lei 5/2014, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de racionalización e sustentabilidade da Administración local Un dos obxectivos básicos da reforma consiste en clarificar as competencias municipais para evitar duplicidades coas competencias doutras administracións de forma que se faga efectivo o principio «unha Administración, unha competencia»
Nova Data: 30/05/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:0 de 5 Cultura e Educación promove a mellora dos espazos culturais dos concellos cunha liña de subvencións de 300.000 euros O DOG publicou unha nova convocatoria destas axudas, coas que a Consellería promove a dinamización cultural en todo o territorio de Galicia a través da mellora das condicións técnicas e do equipamento dos locais culturais dos concellos
Nova Data: 30/05/2014 | Fonte: Diario Oficial de Galicia | Valoración:5 de 5 Corrección de erros das axudas para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais Esta orde ten por obxecto o establecemento da condicións polas que se rexerán as axudas e subvencións que están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais
Enviar