Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar o contido ofrecido.
De acordo
Máis información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía local
Biblioteca
Servizos
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Ficha
Ficha biblioteca
Guía Protección de datos y Admistración Local
(0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación
24/04/2018
Fonte
Agencia Española de Protección de Datos
Taxonomía
Temas
Administración pública, Administración dixital, Seguridade TIC, Administración local, Protección de Datos, Transparencia e participación cidadán
Tipo de contido
Guías
Colectivos
Entidades locais
Organizacións
Administración Xeral do Estado
Ámbitos xeográficos
Nacional
Descrición
Guía publicada pola Agencia Española de Protección de Datos (AEPD) para facilitar a adecuación ao Reglamento General de Protección de Datos (RGPD) dos tratamentos de datos que realizan as entidades locais Esta guía inclúe unha primeira parte dedicada a conceptos básicos, na que delimita que os responsables do tratamento de datos no ámbito local son os municipios e as deputacións locais. Estas últimas cumpren unha dobre vertente, como responsables dos seus respectivos tratamentos, e como encargados de tratamento naqueles casos en que presten servizos aos municipios e esa prestación implique un tratamento de datos. Baixo o epígrafe de "Adecuación al RGPD de los tratamientos de datos de la Administración Local" a guía tamén inclúe unha folla de ruta que recolle os elementos que as entidades locais deben ter presente co novo contexto normativo, entre os que destaca o cambio de mentalidade que supón o principio de responsabilidade proactiva, os supostos de lexitimación do tratamento de datos, as "Evaluaciones de Impacto en la Protección de Datos (EIPD)", a privacidade desde o deseño e por defecto ou o "Delegado de Protección de Datos (DPD)". Así mesmo, inclúese un apartado específico sobre as "smart cities", pola posibilidade que a tecnoloxía ofrece aos responsables dos municipios de obter información sobre os cidadáns en tempo real. A terceira parte da guía contén un catálogo de consultas frecuentes que foi elaborado tomando como referencia os informes realizados polo Gabinete Jurídico da AEPD en resposta ás cuestións expostas polos responsables da Administración Local nos últimos anos. Entre elas atópanse, por exemplo, aquelas relacionadas coa posibilidade de ceder datos do padrón municipal para fomentar a participación cidadá, a gravación de sesións dos plenos municipais e posterior publicación en redes sociais ou a relación entre protección de datos e transparencia administrativa.
Detalles contido
Formato
PDF (Portable Document Format)
Twittear
Valorar:
Compartir contido
De
Para
Mensaxe