Ficha biblioteca

Evento Curso de lingua de signos A1.2
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/02/2024 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsXunta de Galicia, Organizacións e Institucións Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo). Para a realización do curso é necesario dispoñer dun dispositivo co cal gravarse
Detalles contido
LugarTeleformación OrganizadorEGAP Datas
DíaHora inicioHora fin
04/09/2024 9:00 20:00
15/10/2024 9:00 20:00
Evento

 

Código

Denominación

Persoal destinatario

Horas

Prazas

Modalidade/Localidade

Data de inicio

Data de fin

Data e hora do exame final

PI24014

Lingua de signos A1.2

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).Para a realización do curso é necesario dispoñer dun dispositivo co cal gravarse.

30

30

Teleformación

04.09.2024

15.10.2024

15.10.2024

 

Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

2. Exceptúase o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e administración sanitaria, creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como ás súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web .

Solicitudes e prazos

Matrícula: desde as 9 horas do 15 de febreiro ata as 14 horas do 26 de febreiro na área de matrícula da Escola

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido