Ficha biblioteca

Evento Curso: Procedemento contractual na administración local: Suxeitos, obxecto e fases do procedemento contractual
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/10/2024 FonteBop de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Lugo Ámbitos xeográficosLugo
Descrición Este curso ten por obxecto dar a coñecer a regulación en materia de contratación administrativa recollidas na Lei 9/2017. Analizar a súa incidencia e aplicación na Administración Local
Detalles contido
LugarEn liña OrganizadorDeputación de Lugo Datas
DíaHora inicioHora fin
11/11/2024 9:00 20:00
03/12/2024 9:00 20:00
Evento

Curso: Procedemento contractual na administración local: Suxeitos, obxecto e fases do procedemento contractual

Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) e agrupacións profesionais da administración local da provincia de Lugo

Participantes: 50

Horas: 35

Datas realización: Do 11 de novembro ao 3 de decembro de 2024

OBXECTIVOS:

  • - Coñecer a regulación en materia de contratación administrativa recollidas na Lei 9/2017. Analizar a súa incidencia e aplicación na Administración Local.
  • - Coñecer de forma teórica e práctica os procedementos de contratación das entidades locais e a utilización de medios electrónicos para a tramitación dos procedentes contractuais

PROGRAMA:

  • - Normativa sobre contratos do sector público. - Contratos do sector público.
  • - Configuración xeral: principios, réxime de invalidez e recursos en materia de contratación.
  • - ámbito subxectivo e obxectivo da LCSP. Negocios e contratos excluídos. Contratos suxeitos a regulación harmonizada.
  • - As partes na contratación administrativa. órganos de contratación, contratista; condicións de aptitude, capacidade, solvencia, clasificación, prohibicións de contratar.
  • - Preparación dos contratos: Expediente de contratación Contido, tramitación, pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.
  • - Adxudicación dos contratos: Procedementos e normas. Problemática do fraccionamento.
  • - Efectos, cumprimento e execución dos contratos, modificación, suspensión e extinción, cesión do contrato
  • - Tipos contractuais. Especial estudo dos contratos de obras, servizos e subministracións
  •  - A plataforma de contratación do sector público.

SOLICITUDES

1. As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo, apartado Recursos Humanos - Solicitude Cursos Formación.

E demáis lugares de conformidade co artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas segundo o modelo publicado como anexo II nas presentes bases

PóDENSE SOLICITAR UN TOTAL DE 2 ACCIóNS FORMATIVAS E, ENTENDENDO QUE ESTáN RELACIONADAS COA SúA áREA DE TRABALLO, PODERASE CONCEDER CALQUERA DELAS, SEN SER DETERMINANTE A ORDE DE PREFERENCIA. DEPENDENDO DO NúMERO DE SOLICITUDES DE CADA ACCIóN FORMATIVA E DOS CRITERIOS DE SELECCIóN, PODEN CONCEDERSE 1, 2 OU NINGúN CURSO.

2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 25 DE OUTUBRO DE 2024. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso

Temas:Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Lugo
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contido