Ficha biblioteca

Evento Curso: Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento admiistrativo común das administracións públicas especial referencia ao procedemento sancionador
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación09/10/2024 FonteBop de Lugo
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Lugo Ámbitos xeográficosLugo
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos.
Detalles contido
LugarEn Liña OrganizadorDeputación de Lugo Datas
DíaHora inicioHora fin
11/11/2024 9:00 20:00
03/12/2024 9:00 20:00
Evento

Curso: Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento admiistrativo común das administracións públicas especial referencia ao procedemento sancionador

Destinatarios: Persoal administrativo (C1 e C2) da administración local da provincia de Lugo, que interveña na tramitación de expedientes administrativos.

Participantes: 50

Horas: 40

Datas realización: Do 11 de novembro ao 3 de decembro de 2024

OBXECTIVOS:

- Dar a coñecer e incidir nos aspectos xerais da norma e a súa posición no ordenamento administrativo.

- Definir e contextualizar os principais elementos, conceptos e suxeitos actores do procedemento que debe observar a administración.

- Determinar os distintos dereitos e obrigas de todos os suxeitos implicados no procedemento.

- Incidir nos aspectos máis novos da administración electrónica: sinatura, expediente, rexistro, arquivos electrónicos

- Insistir no concepto e en todos os elementos que compoñen o acto administrativo, como núcleo fundamental da relación Administración-administrados.

- Analizar as fases do procedemento administrativo, no dobre sentido de garantía do administrado e de garantía da Administración para mellor manifestar a súa vontade.

- Destacar os medios que teñen os administrados para actuar fronte á administración.

- Destacar outros aspectos xurídicos, administrativos e organizativos que se deducen da normativa estudada.

- Tratar de conseguir dos/as alumnos/as que realicen este curso, unha motivación ou inquietude por estes asuntos que durante moito tempo, seguirán sendo transcendentais no funcionamento xurídicoadministrativo da nosa sociedade.

PROGRAMA:

UNIDADE 1

  • ámbito obxectivo Lei 39/2015.
  • Aspectos fundamentais da Lei 39/2015.

UNIDADE 2

  • A Lei 39/2015, de 1 de outubro.
  • Principais reformas da Lei en relación coa normativa anterior.
  • Entrada en vigor e derogacións.
  • Estrutura da Lei.

UNIDADE 3

  • Capacidade de obrar
  • Concepto de interesado/a
  • Dereitos do interesado/a
  • Representación
  • Identificación e sinatura dos/as interesados/as no procedemento administrativo

UNIDADE 4

  • Rexistros e arquivos
  • Obriga de resolver e notificar. O silencio administrativo
  • Documentos e copias
  • Termos e prazos
  • Os actos administrativos

UNIDADE 5

  • Iniciación do procedemento
  • Ordenación do procedemento
  • Instrución do procedemento
  • Finalización do procedemento
  • Tramitación simplificada do procedemento administrativo común
  • Execución

UNIDADE 6

  • Revisión dos actos administrativos: revisión de oficio.
  • - Recursos administrativos

SOLICITUDES

1. As solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo, apartado Recursos Humanos - Solicitude Cursos Formación.

E demáis lugares de conformidade co artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas segundo o modelo publicado como anexo II nas presentes bases

PóDENSE SOLICITAR UN TOTAL DE 2 ACCIóNS FORMATIVAS E, ENTENDENDO QUE ESTáN RELACIONADAS COA SúA áREA DE TRABALLO, PODERASE CONCEDER CALQUERA DELAS, SEN SER DETERMINANTE A ORDE DE PREFERENCIA. DEPENDENDO DO NúMERO DE SOLICITUDES DE CADA ACCIóN FORMATIVA E DOS CRITERIOS DE SELECCIóN, PODEN CONCEDERSE 1, 2 OU NINGúN CURSO.

2. A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos/as aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

3. O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 25 DE OUTUBRO DE 2024. Todas aquelas instancias presentadas fora de prazo serán excluídas. Naquelas accións formativas que, unha vez finalizado o prazo, non se cubriran as prazas ofertadas, manterase aberto ata completarse estas, quedando pechado o devandito prazo cinco días hábiles antes do comezo do curso

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Lugo
Ámbitos xeográficos:Lugo
Valorar:
Compartir contido