Ficha biblioteca

Nova A Xunta colabora cunha quincena de entidades e concellos para desenvolver proxectos de voluntariado interxeracional no rural
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación15/10/2024 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Cooperación, voluntariado e ONG Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición O Diario Oficial de Galicia publica a resolución cun orzamento de máis de 235.000 euros
Detalles contido
A Xunta colabora cunha quincena de entidades e concellos para desenvolver proxectos de voluntariado interxeracional no rural O Diario Oficial de Galicia publica a resolución cun orzamento de máis de 235.000 euros
14/10/2024|Xunta de Galicia

Diario Oficial de Galicia publica  a concesión de 15 axudas a entidades de acción voluntaria e concellos para o desenvolvemento de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural por máis de 235.000 euros. A través deste programa ofrécense actividades formativas e de intercambio de coñecemento entre xente moza e persoas maiores, co obxectivo de dinamizar os concellos menos poboados, incentivar a participación social e mellorar as perspectivas laborais da xuventude.

No apartado de entidades locais, as propostas que recibirán fondos deste programa para o seu desenvolvemento foron as dos concellos de Vedra (A Coruña), San Xoán de Río, Nogueira de Ramuín e Vilar de Barrio (Ourense); o concello de Mos e a oficina municipal de Voluntariado do concello de Ponteareas, ambas na provincia de Pontevedra.

Pola súa banda, as entidades de acción voluntaria beneficiadas son, na provincia da Coruña, a Escola de Tempo Libre Colaxe, a Fundación Ronsel, a Federación de Centros Xuvenís don Bosco e a Asociación Antonio Noche. No caso de Lugo a Asociación Pratodo. Na de Ourense, Valoresc Innovation, a Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos e a Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia. Finalmente, na de Pontevedra, inclúese a Asociación para el Desarrollo Educativo y Cultural (ADEC).

Esta é a terceira edición deste programa, vinculado co proxecto piloto Talento Interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU). Na segunda edición apoiáronse oito proxectos que permitiron poñer en contacto a mozos de entre 16 e 35 anos e persoas maiores de 55 para que intercambiaran coñecemento e intereses en ámbitos como a economía dos coidados, a recuperación de actividades ou oficios, a produción agroalimentaria, a recuperación do patrimonio e o turismo ou o deseño de modelos dixitais e electrónicos.

Temas:Administración pública, Administración local, Cooperación, voluntariado e ONG
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido