Ficha biblioteca

Nova A Xunta destina preto de 1,4 M€ a axudas destinadas a impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos parques naturais de Galicia
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación17/10/2024 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Medio ambiente Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais, Empresas OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Ángeles Vázquez explica que se benefician destes apoios 9 concellos, 26 particulares, 54 asociacións e 14 empresas, que destinarán este financiamento a obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos protexidos
Detalles contido
A Xunta destina preto de 1,4 M€ a axudas destinadas a impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos parques naturais de Galicia Ángeles Vázquez explica que se benefician destes apoios 9 concellos, 26 particulares, 54 asociacións e 14 empresas, que destinarán este financiamento a obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos protexidos
17/10/2024|Xunta de Galicia

A Xunta destina preto de 1,4 millóns de euros a máis dun cento de axudas destinadas a impulsar proxectos de conservación e posta en valor dos parques naturais de Galicia, tal e como recolle a resolución que publicou  no Diario oficial de Galicia.

Segundo explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, durante unha visita ao centro de interpretación do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, beneficiaranse destes apoios 9 concellos, 26 particulares, 54 asociacións e 14 empresas, que destinarán este financiamento a obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos protexidos.

Máis polo miúdo, ángeles Vázquez explicou que, ao abeiro desta convocatoria,  subvenciónanse iniciativas destinadas á conservación e restauración da biodiversidade, especialmente as dirixidas a mitigar os efectos do cambio climático; á mellora da conectividade ecolóxicas da fauna e a flora; a recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos e necesarios para o mantemento da súa paisaxe, e á creación ou mellora de infraestruturas para a xestión de usos recreativos.

Ademais, segundo subliñou a conselleira, a orde deste ano incluíu como principal novidade que tamén sexan subvencionables campañas de concienciación medioambiental e actividades informativas e de sensibilización relacionadas con calquera dos seis parques naturais.

A contía das axudas chega ata os 12.000 euros por proxecto no caso de que o promotor sexa unha persoa física ou xurídica, asociacións ambientais e comunidades de montes ou empresas mentres que os concellos poden recibir ata un máximo de 40.000 euros.

A conselleira puxo en valor a boa acollida desta convocatoria entre os potenciais beneficiarios do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, que reciben, en total, algo máis de 1 millón de euros, que representa máis do 70% das axudas concedidas. De feito, o total dos apoios destinados a asociacións e empresas -68 axudas por un importe de preto de 770.000 euros- corresponden a proxectos deste espazo protexido e 4 dos 9 concellos que reciben financiamento tamén se localizan neste parque ourensán.

A maiores, ángeles Vázquez salientou que no centro de interpretación deste parque natural se están a acometer obras de rehabilitación enerxética, que contan cun financiamento de máis de 600.000 euros. Esta actuación, que se enmarca no Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos (Pirep) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ten como obxectivo reducir un mínimo dun 30% o consumo de enerxía primaria non renovable.

Cómpre lembrar que, ademais do Parque Natural Baixa Limia–Serra do Xurés, Galicia conta con outros seis -Fragas do Eume, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán- aos que se suma o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas. Estes sete parques, repartidos por 19 concellos, acadan unha superficie total de preto de 58.000 hectáreas.

Tal e como engadiu ángeles Vázquez, son áreas naturais que contan cun valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos cuxa conservación merece unha atención preferente. Destacan pola beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas e a singularidade da súa flora, fauna e diversidade xeolóxica, incluídas as súas formacións xeomorfolóxicas.

Temas:Administración pública, Administración local, Medio ambiente
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais, Empresas
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido