Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra destina 35M€ aos concellos de Pontevedra, a través de Plan Provincia Extraordinaria- Plan Extra
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación22/10/2024 FonteDeputación de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Publicadas no Bop de hoxe as bases reguladoras e convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria-Plan Extra
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra destina 35M€ aos concellos de Pontevedra, a través de Plan Provincia Extraordinaria- Plan Extra Publicadas no Bop de hoxe as bases reguladoras e convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria-Plan Extra
22/10/2024|Deputación de Pontevedra

Beneficiarios

Os concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de dereito de ata 50.000 habitantes, segundo a correspondente certificación expedida polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referida á última actualización do censo na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) desta convocatoria, e nos que non concorra ningunha das circunstancias ou prohibicións ás que fai referencia a lexislación vixente en materia de subvencións. 

Obxecto

As finalidades subvencionables deberán demostrar o seu carácter estratéxico local e realizarse sobre elementos de titularidade municipal ou sobre bens, instalacións ou terreos nos que se acredite a titularidade. No caso de que se trate dunha Administración pública, poderá acreditarse a titularidade coa correspondente cesión, autorización ou concesión; de ser un suxeito xurídico privado, a cesión terá unha duración de 50 anos, salvo que o investimento teña unha vida esperada superior.

Serán actuacións subvencionables, sempre que se trate de actuacións que, de forma real e efectiva, sexan de competencia municipal, os seguintes tipos de investimentos:

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

Actuacións elixibles

Detalle

Novas infraestruturas públicas

Construción de edificacións, inmobles ou equivalentes

Novos equipamentos, dotacións, instalacións ou outras análogas

Infraestruturas públicas existentes

Rehabilitación

Mellora

Modernización

Reforma

Intervencións en espazos públicos urbanos ou naturais

Humanización

Urbanización

Reurbanización

Recuperación

Mellora

Elementos necesarios para a recollida separada de biorresiduos de orixe doméstica (5.º contedor)

Compra de vehículos

Compra de contedores

Outros elementos necesarios para o cumprimento das obrigas establecidas no artigo 25.2 b) da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

 

Bases reguladoras

O procedemento de concesión e xustificación das subvencións que se outorguen no marco deste plan rexerase polo disposto nas Bases reguladoras do Plan Provincia Extraordinaria-Plan Extra, e será de aplicación supletoria o contemplado na LXS.

Contía e aplicación orzamentaria

A cantidade prevista para o financiamento deste plan ascende a trinta e cinco millóns (35.000.000,00) de euros, imputables á aplicación 2024/942.9420.762.84 do orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o ano 2024.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no BOPPO e na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

Forma de presentación de solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal, de acordo co procedemento electrónico establecido para o efecto. Deberá acompañarse a documentación esixida conforme a base décima.

Para a presentación das solicitudes a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluíndo o DNIe).

Outros datos

— Procedemento de concesión: concorrencia competitiva, conforme os requisitos e criterios establecidos nas bases quinta e sexta das reguladoras do plan

— Gastos subvencionables: os recollidos na base primeira

— Compatibilidade: si

— Forma de pago: transferencia

— Forma de xustificación: mediante a achega da documentación xustificativa prevista na base décimo novena

— Prazo máximo de execución e xustificación: os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 31 de outubro de 2026; en todo caso, o prazo de xustificación será ata o 31 de marzo de 2027.

Temas:Administración local
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido