Ficha biblioteca

Nova A Xunta sinala o incremento do apoio autonómico aos concellos cun orzamento de 641 M€ en 2025
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación05/11/2024 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL) Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición A directora xeral de Administración Local presidiu unha nova reunión da comisión técnica de delimitación competencial no ámbito da administración local de Galicia, que está a avaliar as propostas de ambas administracións para clarificar que servizos debe asumir cada unha delas
Detalles contido
A Xunta sinala o incremento do apoio autonómico aos concellos cun orzamento de 641 M€ en 2025 A directora xeral de Administración Local presidiu unha nova reunión da comisión técnica de delimitación competencial no ámbito da administración local de Galicia, que está a avaliar as propostas de ambas administracións para clarificar que servizos debe asumir cada unha delas
05/11/2024|Xunta de Galicia

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, presidiu hoxe xunto con representantes da Xunta e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) unha nova reunión da comisión técnica de delimitación competencial no ámbito da administración local de Galicia. Na xuntanza abordáronse cuestións relacionadas co Servizo de Axuda no Fogar (SAF), e as emerxencias, así como os servizos educativos e sanitarios.

No encontro, Natalia Prieto sinalou o compromiso da Xunta cos concellos, tal e como recollen os orzamentos de 2025. Así, lembrou o incremento previsto a través das distintas liñas de apoio, con achegas que suman 641 millóns de euros. Neste marco de acción salientou o Fondo de Cooperación Local, que aumenta máis dun 6% ao pasar de 158 millóns de euros a 168 millóns, e en especial o incremento do fondo base en case un 5%, dándolle resposta a unha constante demanda do municipalismo, segundo subliñou.

Ademais, deste fondo resérvanse 5,4 millóns de euros para beneficiar especificamente os concellos con menos de 15.000 habitantes e, en consecuencia, con menos recursos, que verán así incrementado en máis dun 8% o seu financiamento. Natalia Prieto incidiu no reforzo na atención ás necesidades destas localidades, que representan o 90% dos municipios galegos e son os que máis dificultades teñen á hora de prestar servizos. Neste marco de acción, lanzouse tamén unha convocatoria de 5 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética dos edificios municipais.

Busca do máximo consenso

A comisión técnica de delimitación competencial no ámbito da administración local constituíse en abril do ano pasado e desde entón vén celebrando reunións periódicas co obxectivo de acadar o máximo consenso posible nas áreas que se están a abordar. Nesta liña, nos encontros estanse a avaliar as propostas da Xunta -o Estudo sobre a delimitación competencial no ámbito da Administración Local de Galicia elaborado no marco dun acordo coa Universidade de Santiago (USC)- e a Fegamp.

Trátase así de, primeiro, valorar que competencias debe asumir cada administración e en que parte -Xunta, Goberno central, deputacións provinciais e entidades locais- e de forma rigorosa avaliar se cada unha está a asumir os seus compromisos, así como cuantificar canto custa a prestación de cada servizo e os recursos dispoñibles -en Galicia de media as contías son máis elevadas pola dispersión e o envellecemento da poboación-. En definitiva, a través desta comisión búscase evitar duplicidades coa finalidade última de garantir unha prestación eficiente dos servizos públicos.

Temas:Administración local
Colectivos:Asociacións e ONGs, Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL)
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido