Ficha biblioteca

Evento Curso de especialización en persoal directivo e intelixencia emocional
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación06/11/2024 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso ten por obxectivo analizar e traballar as principais competencias emocionais que un/unha empregado/a público/a con responsabilidades na dirección de grupos de persoas ten que ter en consideración, e debe desenvolver para conseguir os obxectivos de liderado que se propoña co seu equipo profesional
Detalles contido
LugarEn Liña Ourense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
22/11/2024 9:00 20:00
22/11/2024 16:00 20:00
29/11/2024 16:00 20:00
10/01/2025 16:00 20:00
17/01/2025 16:00 20:00
24/01/2025 16:00 20:00
31/01/2025 16:00 20:00
07/02/2025 16:00 20:00
31/03/2025 9:00 20:00
Evento

Curso de especialización en persoal directivo e intelixencia emocional

1. Persoas destinatarias

* Persoal técnico e administrativo ao servizo da Administración Local, pertencente aos grupos A1 e A2, e excepcionalmente C1, que desenvolva funcións técnicas ou de dirección de equipos de traballo nas súas respectivas entidades locais.

* Técnicos/as e oficiais administrativos da Deputación Provincial de Ourense, con postos de director/a de área, xefe/a de servizo, xefe/a de sección e xefe/a de negociado, ou que desenvolvan funcións e tarefas profesionais semellantes.

* Funcionarios/as da Administración Local que teñan asignadas responsabilidades de xefatura ou de dirección de unidades administrativas das entidades locais.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: híbrida (presencial e virtual).

2.2. Duración: 150 horas (20 horas presencias, 6 horas telepresenciais e 114 horas en liña).

2.3. Datas de realización: do 22 de novembro de 2024 ao 31 de marzo de 2025.

2.4. Días e horario das sesións presencias e telepresenciais: 22 e 29 de novembro de 2024, 10, 17, 24 e 31 de xaneiro e 7 de febreiro do 2025; os venres, de 16.00 a 20.00 horas.

2.5. Requisito para as clases telepresenciais: o alumnado do curso deberá conectarse a través da aplicación TEAMS, sempre coa cámara do seu ordenador ou dispositivo en aberto.

2.6. Prazas: 15 participantes.

2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

3.1. Obxectivo xeral

* Analizar e traballar as principais competencias emocionais que un/unha empregado/a público/a con responsabilidades na dirección de grupos de persoas ten que ter en consideración, e debe desenvolver para conseguir os obxectivos de liderado que se propoña co seu equipo profesional.

3.2. Obxectivos específicos público e ao marco xurídico das funcións directivas coas súas peculiaridades.

* Coñecer as últimas achegas da neurociencia sobre o funcionamento do cerebro, a intelixencia humana e o influxo das emocións no comportamento das persoas.

* Coñecer especificamente a diferenza psicobiolóxica entre emocións e sentimentos, e a influenza mutua que se produce entre a emoción e a razón.

* Coñecer en profundidade que é a intelixencia emocional, a súa importancia na práctica, de que factores depende e como funciona na nosa actuación profesional.

* Formar as persoas participantes nas competencias e responsabilidades que definen a función directiva na organización pública, como factor de competitividade e de mellora da calidade, para que sexan capaces de aplicar estas habilidades no seu desempeño.

* Descubrir a importancia das relacións humanas no ámbito profesional e da intelixencia emocional para a consecución e mellora exponencial dos resultados na organización en favor da calidade do servizo prestado á cidadanía.

* Identificar que comportamentos nos poden axudar a xerar un ambiente de traballo agradable e de comunicación efectiva cos nosos colaboradores/as e compañeiros/as na nosa actividade profesional na Administración pública.

* Coñecer como funciona a motivación humana e como se aplica ao contorno laboral, para identificar que tipos de factores e variables podemos empregar coas persoas do noso equipo e así conseguir uns bos niveis de implicación e motivación coa organización.

* Identificar os trazos que definen a un/unha líder excepcional e como aplicalos no traballo co noso equipo na xestión de desacordos ou conflitos, e ante os cambios, situacións sobrevidas ou proxectos previamente planificados.

4. Programa

4.1. Sector público e sector privado: organización dos recursos humanos.

4.1.1. Marco xurídico. Peculiaridades, diferenzas e puntos de conexión.

4.1.2. A función directiva. Réxime xurídico.

4.1.3. A necesidade de dirixir os recursos humanos e a xestión dos seus conflitos.

4.2. As emocións e os sentimentos.

4.2.1. Que son as emocións e os sentimentos.

4.2.2. Como se adquiren as emocións e os sentimentos.

4.2.3. Por que é tan difícil controlar as emocións.

4.2.4. Mellora coa idade o control emocional?

4.2.5. Quen controla mellor as emocións, as mulleres ou os homes?

4.2.6. Como inflúen os sentimentos na razón.

4.2.7. Como inflúe a razón nos sentimentos.

4.2.8. Que son as emocións corrosivas.

4.2.9. A envexa e a cobiza.

4.2.10. A culpabilidade e a vergoña.

4.2.11. O odio e a vaidade.

4.2.12. Como superar as emocións corrosivas.

4.3. Intelixencia emocional e social.

4.3.1. Que é a intelixencia e os seus diferentes tipos.

4.3.2. Herdanza da intelixencia.

4.3.3. Intelixencia individual versus intelixencia de grupo.

4.3.4. Factores que determinan a intelixencia.

4.3.5. Que é a intelixencia emocional e como funciona.

4.3.6. Hérdase a intelixencia emocional?

4.3.7. é importante a intelixencia emocional?

4.3.8. Que é a intelixencia social.

4.3.9. Quen ten intelixencia emocional e social?

4.4. Intelixencia emocional e competencias directivas.

4.4.1. Contexto actual e intelixencia emocional.

4.4.2. Management e neurociencia.

4.4.3. Recursos, relacións e resultados.

4.4.4. A importancia das relacións na organización actual.

4.4.5. Definición de intelixencia emocional (IE). Empatía e asertividade, dous piares básicos.

4.4.6. Aplicacións e impacto da IE nos resultados da organización.

4.4.7. Coeficiente intelectual versus emocional. Razón versus emoción.

4.4.8. ámbitos e dimensións da IE. As competencias técnicas versus as emocionais.

4.4.9. Función directiva e competencias emocionais.

4.4.10. IE sen palabras. O cerebro e as emocións.

4.4.11. Teoría das emocións múltiples. Todos temos talento.

4.4.12. Algúns comportamentos que nos poden axudar.

4.5. Comunicación e función directiva.

4.5.1. Percepción, actitudes e comunicación.

4.5.2. Compoñente emocional e racional da comunicación.

4.5.3. Filtros e barreiras na comunicación cos colaboradores.

4.5.4. Os meus colaboradores. Que sei do meu equipo e que sabe o meu equipo de min.

4.5.5. A escoita activa e empática. Aprender a escoitar para ser escoitado.

4.5.6. Aspectos que melloran a comunicación.

4.5.7. A miña capacidade para comunicar e influír no meu equipo: palabras, voz e linguaxe corporal.

4.5.8. Obxectivos da comunicación: da información á persuasión.

4.5.9. Comunicación na organización. Redes, canles, formatos e ferramentas.

4.5.10. O plan de comunicación na organización.

4.6. A motivación.

4.6.1. Como funciona a motivación na organización. Do salario á autorrealización.

4.6.2. Factores que non motivan o meu persoal, pero evitan que traballen insatisfeitos.

4.6.3. Factores que inflúen realmente na motivación dos meus colaboradores.

4.6.4. Podo motivar o meu equipo ou ten que vir motivado da casa?

4.6.5. O recoñecemento. Potente e eficiente motivador.

4.6.6. A capacidade de motivarnos e ilusionarnos co que facemos.

4.6.7. A intelixencia emocional e automotivación.

4.6.8. A motivación 3D.

4.6.9. Fases que acompañan o meu equipo a medrar.

4.7. Liderado e traballo en equipo I.

4.7.1. Cal é o meu papel como xefa ou xefe.

4.7.2. Manager versus líder. Xestionar e liderar.

4.7.3. Planificar e orzar. Organizar e asignar recursos. Controlar e resolver problemas.

4.7.4. Establecer direccións. Involucrar. Motivar e inspirar.

4.7.5. Dirección orientada aos resultados e ás persoas. Máximos resultados coidando do equipo.

4.7.6. Cada persoa require dun estilo de dirección adecuado ao seu nivel e madurez.

4.8. Liderado e traballo en equipo II.

4.8.1. O meu estilo de dirección.

4.8.2. Delegación. Como delegar, en quen e cando.

4.8.3. Traballo en equipo. Mellorar a suma dos resultados individuais.

4.8.4. Niveis de funcionamento dun equipo de traballo.

4.8.5. Vantaxes de traballar en equipo e indicacións.

4.8.6. Condicións necesarias que se teñen que dar para un traballo eficiente en equipo.

4.8.7. Estratexias para aumentar a moral e cohesión do equipo.

4.8.8. Algunhas ferramentas ou técnicas de dinámica de grupo.

4.8.9. Liderado, xestión de conflitos e negociación.

4.8.10. Liderado e xestión do cambio.

5. Sistema de avaliación

1.º) A participación do alumnado nas sesións de clase e nos seus recursos virtuais (foros, debates, cuestionarios), constituirá o 20% da cualificación do curso.

2.º) A realización das diferentes tarefas, prácticas e exercicios deste curso de especialización constituirá o 30% da cualificación global.

3.º) A realización dun plan de acción aplicado ao posto de traballo ou a elaboración dun traballo final constituirá o 50% restante da cualificación final.

6. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o xoves 14 de novembro do 2024.

Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido