Nome do curso: Formación de persoal interino para subescala de Secretaría, categoría Entrada.
1. Obxectivos.
Ofrecer unha visión teórico-práctica das principais funcións dos secretarios con habilitación nacional.
2. Destinatarios/as.
Persoas que superaron as probas de acceso do proceso de selección de persoal interino convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Administración local do 19 de marzo de 2024 (DOG núm. 64, do 2 de abril).
3. Desenvolvemento.
- Modalidade: teleformación.
- Duración: 50 horas.
- Edicións: unha.
- Datas: do 25 de novembro ao 17 de decembro de 2024.
- Prazas: 50.
4. Contido.
– Módulo I (5 horas).
Réxime xurídico das subvencións nas entidades locais.
– Módulo II (10 horas).
A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación e a súa aplicación nas entidades locais (procedemento aberto, negociado, de emerxencia e contratos menores).
– Módulo III (5 horas).
As contratacións en materia de persoal.
– Módulo IV (10 horas).
Distribución de competencias entre os órganos das entidades locais. Funcionamento e réxime xurídico dos órganos colexiados das entidades locais: xunta de goberno local, Pleno, comisións informativas. Os decretos de alcaldía. As certificacións dos acordos e as actas. Acceso a expedientes.
– Módulo V (5 horas).
Elaboración de ordenanzas e regulamentos. Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, de acceso á información pública e bo goberno (BOE número 295, do 10 de decembro).
– Módulo VI (5 horas).
A responsabilidade patrimonial nas entidades locais.
– Módulo VII (10 horas).
A Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro. Especial referencia á concesión de licenzas, ás comunicacións previas e á disciplina urbanística nas entidades locais.
Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web .
Requisitos para a realización do curso
- 1. As persoas destinatarias destes cursos terán que entrar na zona de matrícula da EGAP no enderezo , o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rexistrar unha conta para poder acceder aos contidos formativos das actividades convocadas nesta resolución.
- 2. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de novembro de 2024.
- 3. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
- 4. Unha vez rexistrada a conta e que fosen seleccionados pola EGAP poderán acceder á aula virtual onde se desenvolverá o curso a través do seguinte enderezo: https://egap.xunta.gal/aulavirtual
Temas:Administración pública, Administración local, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Administración Local (DXAL), Organizacións e Institucións
Ámbitos xeográficos:Galicia