Ficha biblioteca

Nova A Xunta contribúe con 300.000€ á consolidación do circuíto galego de festivais audiovisuais
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación19/11/2024 FonteXunta
Taxonomía
TemasAdministración local, Audiovisual Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Apróbase a próxima convocatoria de subvencións para a organización deste tipo de certames, que manteñen a súa dotación tras o seu incremento do 33% en 2024
Detalles contido
A Xunta contribúe con 300.000€ á consolidación do circuíto galego de festivais audiovisuais Apróbase a próxima convocatoria de subvencións para a organización deste tipo de certames, que manteñen a súa dotación tras o seu incremento do 33% en 2024
19/11/2024|Xunta

O circuíto galego de festivais audiovisuais contará en 2025 cun investimento autonómico de 300.000 euros, canalizado a través das subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais para a organización profesional deste tipo de certames por parte de entidades privadas ou das administracións locais. O Consello da Xunta deulles luz verde ás bases da súa próxima convocatoria coa mesma dotación que en 2024, ano en que experimentou un incremento do 33%.

O Goberno galego mantén desde 2014 esta liña anual de axudas, en concorrencia competitiva, que desde entón foi incrementando progresivamente o seu orzamento en recoñecemento ao valor estratéxico destes certames para o seu sector e para o conxunto das industrias culturais. De feito, Galicia conta cun amplo e diverso circuíto de festivais audiovisuais, do cal dan conta as 10 mostras subvencionadas este ano.

A convocatoria diríxese tanto a persoas físicas e xurídicas privadas como a entidades locais á fronte de festivais realizados entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025, sempre que teñan unha duración mínima de catro xornadas e, cando menos, 20 proxeccións, ademais de ter realizado un mínimo de tres edicións consecutivas nos anos inmediatamente anteriores. Así mesmo, e entre outros requisitos, a proposta de programación dos eventos debe conter o cinco por cento de títulos ou cinco sesións de produción cinematográfica e/ou dirección galegas.

Ata 50.000 euros por certame

Establécese unha achega máxima de 50.000 euros por proxecto, cun límite do 30% do orzamento subvencionable cando a solicitante sexa unha entidade local e do 50% se é unha entidade privada. Esta porcentaxe ascende ao 75% no caso das entidades locais conxuntas ou resultantes de fusión.

Estas axudas insírense no programa anual de subvencións ao sector que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xestiona e que abrangue as diferentes fases do proceso audiovisual. Así, en 2024 foron nove as liñas convocadas cunha dotación conxunta de preto de 6,7 millóns de euros para apoiar desde o xermolo dos proxectos ata a súa chegada ás pantallas, pasando pola produción, rodaxe, difusión ou comercialización.

Temas:Administración local, Audiovisual
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido