Ficha biblioteca

Evento Curso de fundamentos do método hipopresivo e técnicas de aplicación para monitores/as deportivos/as
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación17/12/2024 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido ao Persoal ao servizo da Administración local que desempeñe postos de traballo nos servizos e instalacións deportivas da Deputación de Ourense ou dos concellos e mancomunidades da provincia como coordinadores/as ou monitores/as deportivos/as
Detalles contido
LugarAula do Pazo dos Deportes Paco Paz Ourense OrganizadorDeputación de Ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
11/01/2025 9:00 14:00
11/01/2025 15:30 20:30
12/01/2025 9:00 14:00
01/02/2025 9:00 14:00
01/02/2025 15:30 20:30
02/02/2025 9:00 14:00
Evento

Curso de fundamentos do método hipopresivo e técnicas de aplicación para monitores/as deportivos/as

1. Persoas destinatarias

* Persoal ao servizo da Administración local que desempeñe postos de traballo nos servizos e instalacións deportivas da Deputación de Ourense ou dos concellos e mancomunidades da provincia como coordinadores/as ou monitores/as deportivos/as.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.
  • 2.2. Duración: 30 horas lectivas.
  • 2.3. Datas de realización: do 11 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2025.
  • 2.4. Días e horario das sesións presenciais: 11-12 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro de 2025; de 9.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 20.30 horas, os sábados; e de 9.00 a 14.00 horas os domingos.
  • 2.5. Lugar: Aula do Pazo dos Deportes Paco Paz (Finca Sevilla, 41, Ourense).
  • 2.6. Prazas: 15 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

  • * Instruír os/as monitores/as deportivos/as nas novas tendencias da práctica hipopresiva e nas metodoloxías de traballo e protocolos do adestramento.
  • * Actualizar os coñecementos dos/as participantes para que sexan quen de transmitirlle aos/ás usuarios/as das actividades deportivas a importancia das posturas e movementos en combinación con respiracións hipopresivas, co obxectivo de reducir a presión que se xera no abdome, fortalecendo así a musculatura máis profunda da faixa abdominal e do solo da pelve.
  • * Instruír os/as asistentes na importancia dunha boa e fluída comunicación entre adestradores/as e usuarios/as para garantir o éxito da actividade programada.

4. Programa

4.1. Orixe da técnica hipopresiva.

4.2. Que é o método hipopresivo?

4.3. Repaso anatómico xeral.

4.4. Anatomía aplicada ao método hipopresivo.

4.5. Valoración da faixa lumbo-abdominal e pelviana.

4.6. Diferentes test de valoración estado faixa lumbo-abdominal.

4.7. Fundamentos técnicos da práctica hipopresiva.

4.8. Repertorio de exercicios hipopresivos.

4.9. Test de valoración de patoloxías.

4.10. Aplicación a recuperación de patoloxías.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o venres 3 de xaneiro de 2025.

Temas:Administración local, Ensino e formación, Saúde, asistencia sanitaria e servizos sociais
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido