Curso de integridade e prevención da corrupción na contratación pública na Administración local
1. Persoas destinatarias
* Funcionarios/as con habilitación de carácter nacional e empregados/as públicos/as da Administración local con responsabilidades en materia de contratación pública, secretaría, intervención e asesoría xurídica.
* Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión contable, económica ou financeira.
2. Desenvolvemento
2.1. Modalidade da acción formativa: telepresencial, en liña.
2.2. Duración: 30 horas.
2.3. Datas de realización: do 13 de xaneiro ao 24 de marzo de 2025.
2.4. Días das sesións telepresenciais: 13-20-27 de xaneiro, 3-10-17-24 de febreiro e 10-17-24 de marzo de 2025.
2.5. Horario das sesións telepresenciais: de 16.30 a 19.30 horas, os luns.
2.6. Prazas: 20 participantes.
2.7. Número de edicións: unha.
3. Obxectivos
* Dar a coñecer aos/ás participantes o papel destacado que a normativa vixente en contratación pública outorga ao cumprimento legal e á prevención da corrupción, así como a obriga de garantir a integridade nos propios procedementos de contratación.
* Afondar nas claves prácticas para levar a cabo unha correcta actuación en materia de contratación pública de maneira transparente e íntegra.
* Revisar as novidades na contratación pública en relación coa integridade e o bo goberno e ensinarlle aos/ás profesionais da Administración local como introducir as novas técnicas de compliance na xestión dos riscos.
4. Programa
4.1. Notas sobre as novidades na contratación pública. Fondos Next Generation EU e a súa execución en España. O Real decreto lei 36/2020.
4.1.1. Medidas en materia de contratación.
4.1.2. Fondos Next Generation EU. Importes do procedemento aberto, simplificado, ordinario e abreviado.
4.1.3. Pregos. Tipos de cláusulas técnicas e administrativas.
4.2. Integridade e bo goberno na contratación pública.
4.2.1. Obrigas e documentos preliminares na elaboración de pregos.
4.2.2. Tipos de pregos e estrutura dos pregos de cláusulas administrativas particulares (PCAP).
4.2.3. Competencia e transparencia na contratación pública.
4.2.4. Penalidades.
4.3. Selección do contratista e criterios de adxudicación.
4.3.1. Irregularidades na definición dos criterios de adxudicación.
4.3.2. As melloras como criterio de adxudicación do contrato.
4.3.3. Melloras salariais e laborais e a difícil vinculación co obxecto.
4.3.4. Fórmulas inadecuadas para a valoración do criterio económico.
4.4. Fase de adxudicación do contrato.
4.4.1. Normas xerais da fase de adxudicación dos contratos.
4.4.2. Problemática durante a fase de adxudicación.
4.4.3. Licitación electrónica. Incidencias.
4.4.4. Xustificación de ofertas anormalmente baixas.
4.4.5. Proposta de adxudicación.
4.5. Integridade, bo goberno e técnicas de compliance na xestión dos riscos na contratación pública.
5. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 7 de xaneiro de 2025.