Ficha biblioteca

Nova A Xunta convoca axudas por 550.000€ para dotar ás bibliotecas municipais de novidades editoriais e actualizar as súas coleccións
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/01/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Bibliotecas Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada no DOG de hoxe a orde pola que se convocan axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións
Detalles contido
A Xunta convoca axudas por 550.000€ para dotar ás bibliotecas municipais de novidades editoriais e actualizar as súas coleccións Publicada no DOG de hoxe a orde pola que se convocan axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións
14/01/2025|Xunta de Galicia

BDNS (Identif.): 807476.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Ter remitido ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2023, de acordo co establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderá ser beneficiaria destas axudas a agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos nesta orde. Os concellos que se presenten en agrupación non se poderán presentar, ademais, de forma individual.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se encontren nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia (código de procedemento CT235A).

2. Nesta orde regúlanse os seguintes dous programas de subvencións:

Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

3. Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2025.

Bases reguladoras

Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT235A).

 Importe

Programa A. Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

1. Estas axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.760.2, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por un importe de 200.000,00 euros.

Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

2. Este programa de axudas concederase con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.760.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, por un importe de 350.000,00 euros.

3. Estes importes iniciais poden ser ampliados, en función das dispoñibilidades orzamentarias, o que poderá dar lugar ao incremento da contía total das subvencións, de acordo co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen que dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes

As entidades locais que desexen acollerse ás subvencións reguladas nesta orde deberán presentar a solicitude coa indicación do programa ou programas en que desexan participar, segundo o modelo anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 22 de xaneiro de 2025 ata o día 21 de febreiro de 2025, ambos incluídos. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Temas:Administración local, Bibliotecas
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido