Ficha biblioteca

Nova A Xunta asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación institucional co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación21/01/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración pública, Medio ambiente, Desenvolvemento sostible Tipo de contidoNovas ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Ángeles Vázquez avanza a posta en marcha dunha oficina específica de asesoramento técnico especializado para axilizar trámites
Detalles contido
A Xunta asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación institucional co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular Ángeles Vázquez avanza a posta en marcha dunha oficina específica de asesoramento técnico especializado para axilizar trámites
20/01/2025|Xunta de Galicia
  • Incide en que a Xunta está ao carón dos concellos poñendo á súa disposición as ferramentas que sexan precisas para desenvolver un modelo máis sostible e eficiente na xestión dos residuos
  • Apela á corresponsabilidade de todas as administracións para traballar unidos de cara a ofrecer o mellor servizo á cidadanía e avanzar cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 203
 

 

A Xunta de Galicia asesorará en materia de residuos ás entidades municipais para facilitar a cooperación entre administracións co obxectivo de avanzar cara a unha economía circular.

Durante a clausura da xornada de presentación das axudas para 2025 en materia de residuos municipais, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, ángeles Vázquez, avanzou a posta en marcha dunha oficina específica de asesoramento técnico especializado en materia de residuos municipais para axilizar os trámite e facilitar a relación das diferentes entidades coa Xunta e avanzar na sostibilidade, na economía circular e na protección ambiental.

Logo de lembrar que o Goberno galego prevé presentar no Parlamento antes de que remate o verán a futura Lei de administración ambiental simplificada, a conselleira incidiu en que a Xunta está “ao carón dos concellos” poñendo á súa disposición as ferramentas que sexan precisas para desenvolver un modelo máis sostible e eficiente na xestión dos residuos.

Nesa liña, ángeles Vázquez puxo en valor a xornada celebrada hoxe en Santiago de Compostela, na que representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade explicaron de xeito práctico as diferentes liñas de axudas que convocou a Xunta para este ano 2025 nesta materia.

Máis polo miúdo, o Goberno galego destina 9,2 millóns de euros a unha liña de apoios destinada á recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtiles e, por outra banda, as entidades locais poden optar a outros 2,5 millóns de euros para subvencionar a construción ou mellora de puntos limpos e de instalacións de preparación para a reutilización  e/ou autorreparación de residuos domésticos recollidos separadamente.

A maiores, a conselleira fixo fincapé en que esta xornada tamén foi unha boa oportunidade para coñecer as inquedanzas das entidades locais, así como para recoller información de interese e intercambiar experiencias e propostas de cara ao futuro.

Para concluír, ángeles Vázquez apelou á corresponsabilidade de todas as administracións para “traballar unidos” de cara a ofrecer o mellor servizo á cidadanía e avanzar cara ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030.

Temas:Administración pública, Medio ambiente, Desenvolvemento sostible
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Medio ambiente, Territorio e Infraestruturas
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido