Ficha biblioteca

Nova A Deputación de Pontevedra achega 700.000€ ao Programa + Música de apoio á programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación12/02/2025 FonteBop de Pontevedra
Taxonomía
TemasAdministración local, Industrias culturais, Música Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosCidadáns/ás, Entidades locais OrganizaciónsDeputación de Pontevedra Ámbitos xeográficosPontevedra
Descrición Coa presente convocatoria, a Deputación de Pontevedra reforza o programa +Música posibilitando a realización de ata dúas actuacións de grupos ou artistas, para unha mesma ou diferente data ou evento, dos dispoñibles no momento da solicitude dentro do Catálogo +Música da provincia de Pontevedra, accesible desde o portal web corporativo da Deputación de Pontevedra https://www.depo.gal/-/mais-musica
Detalles contido
A Deputación de Pontevedra achega 700.000€ ao Programa + Música de apoio á programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra Coa presente convocatoria, a Deputación de Pontevedra reforza o programa +Música posibilitando a realización de ata dúas actuacións de grupos ou artistas, para unha mesma ou diferente data ou evento, dos dispoñibles no momento da solicitude dentro do Catálogo +Música da provincia de Pontevedra, accesible desde o portal web corporativo da Deputación de Pontevedra https://www.depo.gal/-/mais-musica
12/02/2025|Bop de Pontevedra

Programa + Música de apoio á programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria 2025 do Programa “+Música” de apoio á programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra, así como regular os criterios de concesión das solicitudes de actuación de grupos con cargo ao programa que se desenvolverán na provincia de Pontevedra.

Finalidade

A finalidade do Programa +Música é contribuír á programación cultural dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, a través da posta a disposición de actuacións musicais profesionais de grupos inscritos no Catálogo de grupos +Música, co obxectivo de contribuír na difusión e o fomento da cultura galega, promovendo a reputación da nosa provincia como destino cultural.

Dotación e imputación orzamentaria

O programa +Música 2025 desenvólvese con cargo á aplicación orzamentaria 25/330.3340.226.30 por un importe total de 700.000 €.

Se o orzamento asignado para a presente convocatoria non fora suficiente para proceder á asignación directa das actuacións solicitadas como primeira opción, atenderase aos criterios automáticos de adxudicación previstos na base décimo terceira.

Cuarta. Réxime xurídico e principios de xestión

O procedemento establecido para a concesión das actuacións atenderá aos criterios establecidos na base décimo terceira. A proposta de concesión formularaa o órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos para conceder a actuación, sen que sexa necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas.

A xestión da presente convocatoria realizarase segundo os seguintes principios:

a) Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Deputación de Pontevedra.

c) Eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

Entidades destinatarias

Poderán beneficiarse deste programa os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, segundo os datos expedidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos ao censo do exercicio 2024.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades nas que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aquelas que de forma manifesta incumprisen algunha das condicións da cláusula décimo sétima.

Alcance do programa

A través da presente convocatoria os concellos destinatarios poderán solicitar a autorización dun máximo de dúas actuacións, a desenvolverse entre o 15 de abril e o 31 de decembro do 2025, de entre os grupos incluídos no Catálogo de grupos +Música da provincia de Pontevedra dispoñible no portal web da Deputación de Pontevedra https://www.depo.gal/-/mais-musica. As actuacións deberán estar dirixidas ao público en xeral e ser de entrada libre.

As actuacións serán cofinanciadas entre a Deputación e os concellos do seguinte xeito:

• A Deputación de Pontevedra aboará o 100% do caché do espectáculo dos grupos ou artistas, previa tramitación do expediente de contratación correspondente.

• O concello aboará a produción das actuacións (equipos de son, luz, escenario e demais medios necesarios para o seu desenvolvemento).

Os concellos, como organizadores dos actos, deberanse poñer en contacto cos grupos ou artistas de interese, de entre os inscritos no Catálogo, para coñecer a súa dispoñibilidade para a data ou datas elixidas para as actuacións, así como coñecer as condicións e requisitos necesarios para a realización das actuacións.

Co obxectivo de asegurar o equilibrio e diversificación das actuacións de grupos ou artistas do Catálogo o número máximo de actuacións que poderá realizar un mesmo grupo ou artista, en cada convocatoria, será de catro. Nesta liña, ademais, as entidades solicitantes non poderán solicitar o mesmo grupo autorizado nas dúas últimas convocatorias de apoio á programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra.

O programa informático realizará, de xeito automático, a comprobación e bloqueo das anteditas circunstancias no trámite de presentación de solicitudes.

Forma e lugar de presentación da solicitude de actuacións

Os concellos interesados deberán presentar unha única solicitude na que deberán elixir a actuación dun ou dous grupos ou artistas con cargo ao Programa +Música.

Para isto, deberán seleccionar dous grupos ou artistas, por orde de preferencia, entre os dispoñibles no Catálogo +Música da provincia de Pontevedra.

Os concellos interesados deberán indicar a data ou datas previamente acordadas co grupo ou grupos que se solicitan. No caso de elixir dúas actuacións estas poderán ser para unha mesma ou diferente data ou evento.

No caso de seleccionar unha soa actuación, se o grupo ou artista elixido como primeira opción ten un caché superior a 12.000,00 €, o concello solicitante deberá seleccionar como segunda opción un grupo ou artista con caché inferior a 12.000,00 €.

No caso de seleccionar dúas actuacións, a suma dos cachés dos grupos ou artistas elixidos non poderán superar o importe de 12.000,00 €.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra, https://sede.depo.gal.

Para a presentación das solicitudes, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario e contrasinal) e certificados electrónicos (incluído o DNIe).

Prazo de presentación de solicitudes de actuacións

O prazo de presentación de solicitudes de actuacións por parte dos concellos interesados será desde o día 20 de febreiro de 2025 ata o 5 de marzo de 2025, os dous incluídos.

Temas:Administración local, Industrias culturais, Música
Colectivos:Cidadáns/ás, Entidades locais
Organizacións:Deputación de Pontevedra
Ámbitos xeográficos:Pontevedra
Valorar:
Compartir contido