Ficha biblioteca

Evento Curso de nova obtención da acreditación de operador/a de plataforma elevadora móbil de persoas - PEMP
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación19/02/2025 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Ensino e formación Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido aos/as Traballadores/as da Área de Infraestruturas e Medio Ambiente, do Parque de Maquinaria e doutros servizos da Deputación Provincial, así como das demais entidades locais da provincia que desenvolvan actividades profesionais relacionadas co manexo de PEMP
Detalles contido
LugarSan Cibaro das Viñas OrganizadorDeputación de ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
07/04/2025 8:00 14:00
21/04/2025 8:00 14:00
28/04/2025 8:00 14:00
05/05/2025 8:00 14:00
Evento

Curso de nova obtención da acreditación de operador/a de plataforma elevadora móbil de persoas - PEMP

1. Persoas destinatarias

* Traballadores/as da área de Infraestruturas e Medio Ambiente, do Parque de Maquinaria e doutros servizos da Deputación Provincial, así como das demais entidades locais da provincia que desenvolvan actividades profesionais relacionadas co manexo de PEMP.

* Persoal da Administración local de Ourense que deba obter a súa acreditación de formación homologada de manexo de PEMP para o desempeño de funcións propias do seu posto de traballo.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: presencial.

2.2. Duración: 25 horas lectivas.

2.3. Datas de realización: do 7 de abril ao 5 de maio de 2025.

2.4. Días e horario das sesións presenciais: 7-21-28 de abril e 5 de maio de 2025; de 8.00 a 14.00 horas, os luns.

2.5. Lugar: aulas da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas (rúa Ricardo Martín Esperanza, s/n, Edificio Multiusos, San Cibrao das Viñas) e instalacións de GAM (rúa Ricardo Martín Esperanza, n.º 1, parcela 1D, San Cibrao das Viñas.

2.6. Prazas: 10 participantes.

2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos

* Adquirir os coñecementos, tanto teóricos como prácticos, para o manexo adecuado de plataformas elevadoras de tipo 1A,1B, 3A e 3B.

* Coñecer as partes, compoñentes e equipos que conforman a plataforma elevadora, así como o mantemento que a máquina require para incrementar a súa produtividade e alongar a súa vida útil.

* Instruír o persoal encargado da manexo das plataformas elevadoras na normativa de seguridade aplicable para a correcta realización de traballos con esta maquinaria.

4. Programa

4.1. Formación teórica.

4.1.1. Lexislación e normativa referente ao uso da plataformas elevadoras de persoas (PEMP).

4.1.2. Clasificación e tipos de PEMP.

4.1.3. Características e descricións das PEMP.

4.1.4. Aplicacións.

4.1.5. Seguridade antes de poñer en marcha o equipo.

4.1.5.1. Inspeccións antes de comezar os traballos.

4.1.5.2. Emprazamento.

4.1.5.3. Nivelación e estabilidade.

4.1.5.4. Comprobación do equipo.

4.1.6. Posto de mando.

4.1.6.1. Acceso aos postos de mando.

4.1.6.2. Tipos de mando.

4.1.7. Contorno de traballo.

4.1.7.1. Zona de realización dos traballos.

4.1.7.2. Sinalización da manobra.

4.1.7.3. Zonas próximas ás liñas eléctricas.

4.1.8. Nivelación.

4.1.8.1. Con estabilizadores.

4.1.8.2. Sen estabilizadores.

4.1.9. Principais perigos e factores de risco.

4.1.9.1. Posicionamento dos estabilizadores.

4.1.9.2. Fallo do terreo.

4.1.9.3. Exceder a capacidade máxima.

4.1.9.4. Efecto do vento.

4.1.9.5. Caída das persoas debido a fallos do equipo, hidráulicos, mecánicos, etc...

4.1.9.6. Caída das persoas por mal uso.

4.1.9.7. Golpes contra obxectos.

4.1.9.8. Atrapamentos de extremidades.

4.1.9.9. Contactos eléctricos indebidos.

4.1.9.10. Movemento de translación das PEMP.

4.1.10. Medidas de protección e prevención.

4.1.10.1. Sistemas de seguridade do equipo.

4.1.10.2. Indicadores.

4.1.10.3. Limitadores.

4.1.10.4. Parada de emerxencia.

4.1.10.5. Familiarización.

4.1.11. Normas de seguridade debidas a outros riscos.

4.1.11.1. Queimaduras.

4.1.11.2. Ruído.

4.1.11.3. Inhalación de gases.

4.1.12. Posta en marcha.

4.1.12.1. Usos preventivos.

4.1.12.2. Sistemas de seguridade e rescate.

4.1.13. Normas específicas de seguridade no uso.

4.1.14. Normas de seguridade ao finalizar os traballos.

4.1.14.1. Aseguramento da PEMP contra usos indebidos.

4.1.14.2. Transporte.

4.1.15. Equipos de protección individual.

4.1.16. Mantemento.

4.1.17. Revisións.

4.2. Formación práctica.

4.2.1. Introdución á maquinaria.

4.2.2. Recoñecemento do contorno e sinalización da zona de traballo.

4.2.3. Recoñecemento visual e perimetral da maquinaria.

4.2.4. Compoñentes principais: identificación e función.

4.2.5. Comprobacións e inspección previa ao uso, de acordo ao manual de instrucións do fabricante.

4.2.6. Posta en marcha e parada da máquina.

4.2.7. Procedementos correctos de operación de cada unha das funcións de seguridade.

4.2.8. Manobrabilidade da máquina en circuíto de prácticas.

4.2.9. Rescate e procedementos de baixada de emerxencia.

4.2.10. Procedemento axeitado para estacionar a máquina na súa posición de transporte.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o luns 31 de marzo de 2025.

Temas:Administración pública, Ensino e formación
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido