Ficha biblioteca

Nova A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local destinadas a concellos con menos de 15.000 habitantes
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación14/03/2025 FonteDOG
Taxonomía
TemasAdministración local, Territorio, vivenda e transporte Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosEntidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publicada no DOG a orde pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra h) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (DOG núm. 251, do 31 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento de investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal
Detalles contido
A Xunta abre o prazo para solicitar as axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local destinadas a concellos con menos de 15.000 habitantes Publicada no DOG a orde pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra h) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (DOG núm. 251, do 31 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento de investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética de edificios de titularidade municipal
12/03/2025|DOG
  • A orde, dotada con 5 millóns de euros para obras de eficiencia enerxética en infraestruturas municipais, publicouse onte no Diario Oficial de Galicia 
  • Con achegas de ata 60.000 euros, dáselles prioridade ás actuacións en instalacións deportivas, educativas, sociais, sanitarias e culturais
  • A medida forma parte das distintas liñas de apoio aos concellos, a través das que o Goberno galego investiu en Padrón preto de 1,4 millóns de euros nos últimos anos

ORDE do 5 de marzo de 2025 pola que se establecen os criterios e o procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 

Destinatarios

1. Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do Padrón municipal de habitantes en 2024, publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.

2. Para poderen acceder ás achegas do fondo adicional que se regulan nesta orde, os concellos deben ter remitido a conta xeral do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

 Dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que se distribúe mediante esta orde ascende a un total de 5.000.000,00 €.

2. A distribución do importe realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de administración local.

Criterios de distribución

1. Establécese unha achega máxima inicial por concello que se asignará por resolución da persoa titular da consellería competente en materia de administración local, logo da comprobación do cumprimento polos concellos destinatarios dos requisitos e condicións establecidos nesta orde, e de acordo co resultado da puntuación acadada polas solicitudes presentadas, que asignará a Comisión prevista no artigo 9 desta orde conforme os criterios de valoración dispostos nesta.

2. O importe máximo inicial da asignación por concello establécese en 60.000,00 €.

3. Non se sinala un límite para o orzamento total dos investimentos, pero en ningún caso o importe da achega destinada a cada concello poderá ser superior ao orzamento da obra a que se aplicará nin, de ser o caso, ao seu custo final.

4. De acordo co anterior, o órgano competente minorará a contía da achega final na cantidade que supere o custo orzado ou de execución da actuación, segundo proceda.

5. Sen prexuízo do previsto nas alíneas 1 e 2 deste artigo, de se produciren remanentes do fondo poderá incrementarse o importe máximo inicial das achegas mediante a súa redistribución entre todos os concellos destinatarios, sen que se supere o importe máximo total establecido na letra h) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos, recollido no artigo 3.1 desta orde.

En todo caso, esta redistribución de remanentes debe respectar os límites máximos por concello sinalados o número 3 deste artigo para que non se produza exceso de financiamento sobre o orzamento ou sobre o custo final do proxecto, segundo proceda.

6. Poden producir remanentes do fondo:

a) As minoracións nas achegas polo exceso sobre o custo da actuación.

b) As desistencias das solicitudes presentadas e as renuncias ás achegas asignadas.

c) As resolucións denegatorias por incumprimento dos requisitos ou condicións establecidos nesta orde para acceder á achega.

d) Calquera outra causa que poida dar lugar a unha cantidade non asignada, total ou parcialmente, a calquera dos concellos beneficiarios.

Actuacións financiables

1. A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde está destinada á realización de obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal que se destinen á prestación de servizos ou ao exercicio das súas competencias e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Será financiable a execución de obras que sexan imputables ao capítulo VI do orzamento de gastos da entidade local, de conformidade coa clasificación económica establecida pola Orde EHA/3565/2008, do 8 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, incluído o IVE.

b) Para os efectos desta orde, terán a consideración de servizo municipal aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, coa prestación dos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei, ou coas competencias asumidas pola vía do artigo 27 da citada norma legal.

c) Son financiables os custos directamente relacionados cos investimentos que se efectúen, tales como honorarios profesionais de arquitectura e enxeñaría, ata un máximo do 12 % do investimento (IVE incluído).

d) Os proxectos serán completos e de fase única, susceptibles da súa posta en servizo inmediata como consecuencia directa da execución do proxecto. En ningún caso se admitirán fases de proxectos.

 Prazo e forma de presentación

1. Para poder recibir a achega regulada nesta orde, os concellos relacionados no anexo II presentarán unha solicitude dirixida á Dirección Xeral de Administración Local segundo o modelo que figura como anexo I.

2. Cada concello poderá presentar unha única solicitude que se corresponderá cun só proxecto, ben que en cada proxecto se poderá incluír máis dunha actuación.

Xa que logo, se o órgano tramitador observa que un concello presentou dúas ou máis solicitudes, poñerallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desistir da solicitude ou solicitudes necesarias para dar cumprimento ao establecido neste artigo. De non se ter recibido a comunicación da desistencia dentro do prazo establecido, inadmitiranse todas as solicitudes en que o concello participe.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Temas:Administración local, Territorio, vivenda e transporte
Colectivos:Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido