Ficha biblioteca

Evento Curso de iniciación á contabilidade pública local e a súa aplicación práctica nos pequenos municipios
Avisar de erros Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación19/03/2025 FonteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración local, Economía, empresa e emprego Tipo de contidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locais, Empregados/as públicos/as OrganizaciónsDeputación de Ourense Ámbitos xeográficosOurense
Descrición Este curso vai dirixido aos Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesourería e xestión tributaria das entidades locais
Detalles contido
LugarTelepresencial OrganizadorDeputación de ourense Datas
DíaHora inicioHora fin
07/04/2025 17:00 20:00
11/06/2025 17:00 20:00
Evento

Curso de iniciación á contabilidade pública local e a súa aplicación práctica nos pequenos municipios

1. Persoas destinatarias

  • * Traballadores/as da Administración local, dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 que realicen as súas tarefas profesionais nas áreas de intervención, tesourería e xestión tributaria das entidades locais.
  • * Persoal técnico e administrativo, en xeral, das corporacións locais que realice no seu traballo tarefas de xestión contable, económica ou financeira.

2. Desenvolvemento

  • 2.1. Modalidade da acción formativa: telepresencial.
  • 2.2. Duración: 30 horas.
  • 2.3. Datas de realización: do 7 de abril ao 11 de xuño do 2025.
  • 2.4. Días das sesións telepresenciais: 7-14-21-28 de abril, 8-21-29 de maio e 4-5-11 de xuño de 2025.
  • 2.5. Horario das sesións telepresenciais: de 17.00 a 20.00 horas.
  • 2.6. Prazas: 20 participantes.
  • 2.7. Número de edicións: unha.

3. Obxectivos.

  • * Introducir aos participantes a nivel teórico e práctico nos aspectos básicos da contabilidade pública local.
  • * Explicar cuestións específicas da contabilidade pública local que ás veces representan dificultades aos xestores contables e ao persoal que se encarga da xestión económico financeira e contable das entidades locais.
  • * Amosar desde un nivel iniciático os procedementos a seguir nas operacións contables diarias, especialmente de gastos e ingresos, dunha entidade local, nas operacións non orzamentarias e na contabilización dos ingresos orzamentarios.

4. Programa

4.1. Orzamento de gastos: concepto e contido.

4.1.1. Orzamento gasto corrente: operacións de xestión dos créditos.

4.1.1.1. Apertura do Orzamento e modificacións orzamentarias.

4.1.2. Modificacións de créditos iniciais.

4.1.3. Operacións de execución orzamentaria.

4.1.3.1. Autorización do gasto.

4.1.3.2. Disposición ou compromiso do gasto.

4.1.3.3. Recoñecemento da obriga.

4.1.3.4. Pago de obrigas recoñecidas.

4.1.3.5. Reintegro de pagos.

4.1.4. Orzamento de gasto corrente: peche orzamentario.

4.1.5. Operacións de orzamentos pechados e de exercicios posteriores.

4.2. Contabilización das operacións derivadas da execución do orzamento de ingresos.

4.2.1. Orzamento de ingresos correntes.

4.2.1.1. Apertura do orzamento e modificacións orzamentarias.

4.2.2. Orzamento de ingresos correntes: operacións de execución orzamentaria.

4.2.2.1. Recoñecemento de dereitos.

4.2.2.2. Recadación de dereitos.

4.2.2.3. Anulación de dereitos.

4.2.2.4. Cancelación de dereitos.

4.2.2.5. Devolución de ingresos.

4.2.2.6. Reintegro de pagos.

4.2.3. Orzamento de ingresos correntes; peche orzamentario e de exercicios posteriores.

4.3. Operacións non orzamentarias.

4.3.1. Tesourería.

4.3.1.1. Movementos internos de tesourería.

4.3.1.2. Cobros e pagos materiais e virtuais.

4.3.1.3. Cobros e pagos pendentes de aplicación.

4.3.2. Acredores e debedores non orzamentarios.

4.3.2.1. IVE.

4.3.2.2. Fianzas e depósitos.

4.3.2.3. Outros acredores e debedores non orzamentarios.

4.3.3. Inmobilizado material e inmaterial.

4.3.4. Provisións e amortizacións.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o mércores 2 de abril de 2025.

Temas:Administración local, Economía, empresa e emprego
Colectivos:Entidades locais, Empregados/as públicos/as
Organizacións:Deputación de Ourense
Ámbitos xeográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contido