Ficha biblioteca

Nova A Xunta convoca as axudas anuais para festivais de artes escénicas cunha dotación de 280.000 euros
Avisar de erros Imprimir ficha
Contido novo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contido
Información xeral
Data modificación28/03/2025 FonteXunta de Galicia
Taxonomía
TemasAdministración local, Cultura, ocio e deporte, Artes escénicas Tipo de contidoNovas, Axudas e subvencións ColectivosAsociacións e ONGs, Entidades locais OrganizaciónsXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos xeográficosGalicia
Descrición Publícanronse no DOG as bases desta liña de apoio, que poden solicitar ata o 25 de abril tanto empresas privadas como entidades locais para a organización profesional deste tipo de certames
Detalles contido
A Xunta convoca as axudas anuais para festivais de artes escénicas cunha dotación de 280.000 euros Publícanronse no DOG as bases desta liña de apoio, que poden solicitar ata o 25 de abril tanto empresas privadas como entidades locais para a organización profesional deste tipo de certames
28/03/2025|Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica  as bases das subvencións a festivais de artes escénicas, convocadas anualmente pola Xunta para a organización profesional de certames considerados estratéxicos para o sector. Cunha dotación de 280.000 euros, esta liña de apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca reforzar o papel destes eventos como dinamizadores culturais e polos de atracción turística nas súas respectivas contornas, ademais de como plataformas para unha maior proxección social da produción escénica galega.

Con esta publicación complétanse, ademais, as cinco convocatorias do programa anual de axudas do departamento de Cultura do Goberno galego ao sector das artes escénicas, que suman un investimento conxunto de máis de 1,9 millóns de euros. Dentro del, resolveuse xa a concesión de 215.000 euros para o mantemento da actividade de catro salas privadas e tamén se atopan en marcha as liñas para creación escénica, distribución de espectáculos dentro e fóra de Galicia e contratación de compañías profesionais galegas no circuíto Cultura no Camiño.

Unha ducia de mostras en 2024

As axudas para festivais, que poden ser solicitadas entre o 26 de marzo e o 25 de abril tanto por empresas privadas como por entidades locais, manteñen a dotación de 280.000 euros respecto a 2024, ano no que foi reforzada cun incremento orzamentario de máis do 30 por cento para alcanzar as 12 mostras subvencionadas, dúas máis que en 2023.

Convocadas en réxime de concorrencia competitiva, diríxense á organización de festivais profesionais de artes escénicas con datas de celebración comprendidas entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro deste ano. A contía máxima da axuda é de 60.000 euros por proxecto, podendo alcanzar ata o 60 % do orzamento subvencionable. Esta porcentaxe elévase ata o 85 % no caso das solicitudes conxuntas de entidades locais ou daquelas resultantes de fusión.

Os certames candidatos deberán ter realizado cando menos dúas edicións anteriores e programar un mínimo de seis compañías. Entre os requisitos esixidos, establécese tamén que o orzamento destinado á contratación artística deberá acadar o 40 % do total e del, polo menos un 30 % deberá investirse en compañías compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan a súa actividade profesional en Galicia. Ademais, un mínimo do 60 % da carteleira ten que ser de pago por parte do público, excepto nos festivais de rúa.

Temas:Administración local, Cultura, ocio e deporte, Artes escénicas
Colectivos:Asociacións e ONGs, Entidades locais
Organizacións:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos xeográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contido