Convenio desenvolvemento administración electrónica na Comunidade autónoma galega

O Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e as Entidades Locais de Galicia para o impulso e desenvolvemento da Administración Electrónica, coa finalidade de acadar un nivel homoxéneo de prestación de servizos públicos dixitais no territorio da Comunidade autónoma de Galicia e garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos mediante a implantación de procedementos, plataformas e redes de comunicación que posibiliten a súa interacción con calquera Administración pública.

Con vixencia inicialmente ata o 2020 e prorrogado a través de diversas addendas ata o 31 de decembro de 2024, o convenio, asinado polo conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), determina as condicións nas que a Xunta de Galicia facilitará o acceso das Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia ás solucións tecnol

 
Documentación do convenio
 
proceso de adhesión
 
estado actual das adhesións
 
catálogo servizos do convenio

Os requisitos para a adhesión ao convenio das entidades locais, que non estean xa adheridas ao convenio precedente, son os seguintes:

  1. Aprobación da adhesión ao convenio polo órgano competente da entidade local.
  2. A adhesión ao convenio é mediante a sinatura electrónica, na Sala de sinaturas da Xunta de Galicia, dun protocolo de adhesión.

Para isto, o representante da entidade local que vaia asinalo, deberá contar cun certificado dixital da FNMT de Clase 2 CA, Camerfirma, Empregado público ou DNIe e solicitar o acceso á Sala de Sinaturas da Xunta mediante a remisión dun correo electrónico ao cau-periferico@xunta.gal, indicando no asunto do correo "Solicitude de acceso á Sala de Sinaturas - Convenio desenvolvemento administración electrónica" e, no corpo do mesmo, os seguintes datos:

  • Datos do Alcalde ou representante da entidade local que vai a asinar o documento de adhesión:
    • NIF (do Alcalde ou representante da entidad local)
    • Nome e apelidos
    • Cargo
    • Nome da entidade local á que pertence
    • Conta de correo electrónico (na que recibirá as instrucións de acceso á Sala de Sinaturas da Xunta e se lle solicitará que asine nela o documento de adhesión).
  • Órgano competente da entidade local e data na que se acordou a adhesión ao convenio

Unha vez remitido o correo de solicitude ao CAU, no momento en que dispoña de acceso á Sala de Sinaturas, recibirá na conta de correo especificada na solicitude, un correo coas instrucións para acceder á Sala de Sinaturas e asinar o protocolo de adhesión ao convenio.

O texto do protocolo que a entidade local atopará a disposición para a sinatura na sala de Sala de Sinaturas da Xunta será o seguinte:

Segundo o disposto na cláusula segunda do convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federacion Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica na Comunidade autónoma de Galicia, as solucións tecnolóxicas, funcionalidades e condicións das mesmas de aplicación ao mesmo quedan recollidas no denominado "Catálogo de servizos do convenio de colaboración para o desenvolvemento da administración electrónica".

Na seguinte listaxe atópase, actualizado, o catálogo de servizos. Para cada unha das solucións tecnoloxicas incluídas nel, está dispoñible toda a información e documentación relativa ás condicións e requisitos de uso:

ServizoÁrea temáticaModalidade solicitude