Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar el contenido ofrecido.
De acuerdo
Más información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía Local
Biblioteca
Servicios
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscribete al boletín
Fecha: 20/01/2016
Boletín de Axudas EELL
Contenidos destacados
Fecha: 28/12/2015 | Fuente: DOG |
Convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016
O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial
Fecha: 29/12/2015 | Fuente: DOG |
Subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
Contenidos boletín
Fecha: 28/12/2015 | Fuente: DOG |
Convocatoria de subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016
O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial
Fecha: 29/12/2015 | Fuente: DOG |
Subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas aos concellos de Galicia, de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións de concellos, para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais
Fecha: 29/12/2015 | Fuente: DOG |
Bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables,
O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para o quecemento dun fluído mediante equipamentos que utilicen como fonte enerxética a xeotérmica, aerotérmica ou a solar térmica
Fecha: 30/12/2015 | Fuente: DOG |
Axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais
A Consellería de economía emprego e industria convoca estas axudas co obxecto de subvencionar accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social (procedemento TR351A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral
Fecha: 30/12/2015 | Fuente: DOG |
Subvencións dirixidas a EELL para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social
A Consellería de Economía convoca estas axudas e subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación temporal de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de integración social de Galicia (Risga), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral, e a aprobación da súa convocatoria para o ano 2016
Fecha: 30/12/2015 | Fuente: DOG |
Subvencións á EELL para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia
Subvencións á EELL para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia ...
Fecha: 30/12/2015 | Fuente: DOG |
Axudas e subvencións para os obradoiros de emprego dentro dos programas mixtos de emprego e formación
Os obradoiros de emprego configúranse como programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas de dezaoito ou máis anos de idade, mediante a realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos e alumnas participantes a realización dun traballo efectivo
Fecha: 30/12/2015 | Fuente: DOG |
Convocadas as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural (Fondos Feader)
A Consellería de Medio Rural establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural, en concorrencia competitiva, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016
Fecha: 31/12/2015 | Fuente: DOG |
Subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no 2016
ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de información, orientación e prospección de emprego no exercicio 2016
Fecha: 31/12/2015 | Fuente: DOG |
Subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación dirixidos as persoas mozas incluídas no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil
ORDE do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Fecha: 04/01/2016 | Fuente: DOG |
Axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de galicia para o ano 2016
Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN519B)
Fecha: 04/01/2016 | Fuente: BOE |
Convocadas as subvencións por danos en infraestruturas municipais e rede viaria das entidades locais
Resolución de 29 de decembro de 2015, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se convocan subvencións por danos en infraestructuras municipais e rede viaria das entidades locais previstas no Real Decreto-lei 2/2015, de 6 de marzo
Fecha: 05/01/2016 | Fuente: DOG |
Convocadas as subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2016
Resolución pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020
Fecha: 05/01/2016 | Fuente: DOG |
Convocadas as axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais (Fondos Feader)
ORDE do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a reforestación e para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2016
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaje