Esta página web utiliza cookies propias y de terceros para mejorar el contenido ofrecido.
De acuerdo
Más información
Galego
Castellano
Eidolocal
Guía Local
Biblioteca
Servicios
Iniciativas
Transparencia
Correo Eidolocal
Buscar
Acceso área privada
Inicio
Biblioteca
Hemeroteca
Boletín
Boletín
Tipo boletín*
Todos
Eidolocal
Email*
Suscribete al boletín
Fecha: 16/07/2014
Boletín de novas 1ª quincena de xullo
Contenidos boletín
Fecha: 02/07/2014 | Fuente: Boletín Oficial do Estado |
A Secretaría de Estado de Educación convoca axudas para entidades locais territoriais e entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais para o mantemento de aulas de formación
Trátase dunhas axudas que teñen por obxecto o mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor
Fecha: 04/07/2014 | Fuente: Diario Oficial de Galicia |
Publicada a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cerdedo
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publicou a orde do 23 de xuño de 2014 de aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal do concello de Cerdedo
Fecha: 04/07/2014 | Fuente: Deputación de Lugo |
A Deputación de Lugo inviste a cifra récord de 18 millóns no 1º Plan de Conservación
Con Plan de Conservación, serán xa máis de 160 traballadores os beneficiados polo modelo de contratación socialmente responsable que a institución luguesa ten implantado
Fecha: 07/07/2014 | Fuente: Xunta de Galicia |
Benestar pecha un protocolo co Banco de Alimentos e a Fegamp para ampliar a protección ás familias en situación de vulnerabilidade con menores a cargo
A Consellería de Traballo e Benestar vén de pechar coa Federación Galega de Banco de Alimentos e a Fegamp o protocolo de colaboración para ampliar a protección ás familias con menores a cargo en situación de vulnerabilidade
Fecha: 08/07/2014 | Fuente: Xunta de Galicia |
Máis de 230 concellos galegos apostan pola eficiencia enerxética grazas ao Programa de iluminación pública da Xunta
A Consellería de Economía e Industria vén de resolver unha nova convocatoria dunha liña que permite aos municipios diminuír ata un 60% a factura eléctrica das instalacións substituídas
Fecha: 09/07/2014 | Fuente: Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria |
A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha nova Axenda cultural
Trátase dunha axenda dinámica, participativa e que permite a configuración a medida por parte dos usuarios respondendo as súas necesidades e intereses
Fecha: 10/07/2014 | Fuente: Boletín Oficial da Provincia da Pontevedra |
A Deputación de Pontevedra convoca as axudas básicas de emerxencia social dirixidas aos concellos
A Institución provincial abre unha liña de axudas para cubrir necesidades básicas coma alimentación, vivenda, medicamentos ou produtos de hixiene, que estará dotada de 365.000 euros e poderán solicitala os concellos
Fecha: 11/07/2014 | Fuente: Xunta de Galicia |
Constituído o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para a campaña 2014
O Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para a campaña 2014 quedou formalmente constituído esta tarde en Santiago, estando operativo na época de alto perigo de incendios forestais, que se prolongará ata o vindeiro 30 de setembro
Fecha: 14/07/2014 | Fuente: Diario Oficial de Galicia |
Adaptación e incorporación á sede electrónica de novos procedementos administrativos da Presidencia e da Vicepresidencia da Xunta
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza fai publico o listado de novos procedementos administrativos e de prazo aberto incorporados a sede electrónica da Xunta para a súa tramitación
Fecha: 15/07/2014 | Fuente: Boletín Oficial do Estado |
Publicada a Lei de transformación do Fondo para a Financiación dos Pagos a Proveedores
O obxecto desta Lei é extinguir e liquidar o Fondo para o Financiamento dos Pagos a Provedores, creando para o efecto o Fondo para o Financiamento dos Pagos aos Provedores 2, e definir o seu réxime xurídico como novo instrumento de xestión dos dereitos de crédito do Fondo que se extingue
Fecha: 15/07/2014 | Fuente: Diario Oficial de Galicia |
Convocadas as axudas a proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas promovidos polas EELL
Esta subvencións teñen por obxecto financiar proxectos de prevención de drogodependencias e condutas adictivas que se van desenvolver nos concellos, mancomunidade de concellos ou agrupacións de concellos de Galicia nos anos 2014 e 2015
Twittear
Enviar
De
Para
Mensaje