Ficha biblioteca

Evento Curso de prevención de riscos laborais en tarefas de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación26/08/2024 FuenteISSGA
Taxonomía
TemasAdministración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Imagen del contenido
Descripción Este curo ten por obxectivo proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector
Detalles contenido
LugarConcello de Arzúa OrganizadorISSGA Fechas
DíaHora inicioHora fin
19/10/2024 10:00 14:00
26/10/2024 10:00 14:00
09/11/2024 10:00 14:00
16/11/2024 10:00 14:00
Evento
  • Data: 19/10/2024 a 16/11/2024
  • Inscrición: 09/07/2024 a 14/10/2024
  • Duración: 16 horas
  • Prazas: 15
  • Lugar de celebración: Arzúa

Lugar e horarios

Arzúa: 19 e 26 de outubro e 9 e 16 de novembro o de 2024. De 10.00 a 14.00 horas.

Obxectivo dos cursos:

Proporcionar unha formación específica ás persoas traballadoras e profesionais do sector en materia de prevención dos riscos laborais inherentes a estas actividades, coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia así como dunha cultura preventiva, e diminuír os accidentes laborais no sector.

Desenvolvemento dos cursos:

Os cursos teñen carácter presencial. é obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións presenciais. As faltas de asistencia, non poden superar o 10% das horas de duración do curso aínda que sexan xustificadas, isto suporá a perda do dereito ao certificado de asistencia.

Os datos relativos ao enderezo do local onde se vai impartir o curso, confirmación das datas de impartición e horario serán comunicados ás persoas seleccionadas.

O ISSGA publicará na súa páxina web (http://issga.xunta.gal/) toda a información relacionada co desenvolvemento destes cursos.

Persoas destinatarias e distribución das prazas:

Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso.

Criterios de selección:

No caso de haber máis solicitudes que prazas, os criterios de selección son:

  • Grupo con prioridade 1: persoas con vinculación laboral ou formación (previa ou actual) na materia.

  • Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

  • Grupo con prioridade 2: resto de persoal.

  • Unha vez seleccionado este grupo, a selección entre estas persoas realizarase por orde de inscrición.

Xunto a solicitude de inscrición, a persoa interesada entregará a documentación que acredite a prioridade 1.

Solicitudes:

As solicitudes efectuaranse utilizando o formulario que se recolle no anexo II que se atopa dispoñible en formato editable na pestana de documentación. O prazo para presentar as solicitudes remata cinco días antes ao inicio de cada curso, que poderá ampliarse ata alcanzar o número máximo de 15 alumnos/as por curso.

As solicitudes poderanse presentar por calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico, ao enderezo issga.formacion@xunta.gal

  • Por entrega á empresa xestora, información no teléfono 981392209

Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

Copia do DNI/ NIF / NIE/ Pasaporte

De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (epígrafe 5, criterios de selección)

Esixirase un mínimo de 10 alumnos/as por cursos. No caso de non chegar a este mínimo, o ISSGA poderá cambiar as datas previstas de desenvolvemento ou anulalo, o que se comunicará con antelación suficiente ás persoas solicitantes.

Acreditación da formación:

Ao remate de cada curso o ISSGA expedirá certificado de asistencia ao alumnado.

Control e seguimento das accións formativas:

O control e seguimento das accións formativas realizarase polo persoal técnico do ISSGA.

Custo dos cursos e financiamento:

A asistencia a estes cursos será gratuíta para as persoas seleccionadas.

 

 

 

Temas:Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido