Ficha biblioteca

Evento Curso de técnicas de traballo en equipo nos contornos de teletraballo nas administracións públicas
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación11/10/2024 FuenteBop de Ourense
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Enseñanza y formación Tipo de contenidoEventos, Cursos ColectivosEntidades locales, Empleados/as públicos/as OrganizacionesDiputación de Ourense Ámbitos geográficosOurense
Descripción Este curso vai dirixido a analizar os aspectos clave que cómpre ter en conta na implantación e planificación do teletraballo na actividade laboral dos/as traballadores/as das entidades locais da provincia
Detalles contenido
LugarEn liña OrganizadorDeputación de Ourense Fechas
DíaHora inicioHora fin
21/10/2024 9:00 20:00
14/11/2024 9:00 20:00
Evento

Curso de técnicas de traballo en equipo nos contornos de teletraballo nas administracións públicas

1. Persoas destinatarias

* Traballadores/as da Administración Local que realicen a prestación dos seus servizos na modalidade de teletraballo.

* Persoal das corporacións locais da provincia con coñecementos informáticos básicos e usuario de redes informáticas, en especial da rede internet.

2. Desenvolvemento

2.1. Modalidade da acción formativa: en liña

2.2. Duración: 30 horas

2.3. Datas de realización: do 21 de outubro ao 14 de novembro do 2024

2.4. Prazas: 40 participantes

2.5. Número de edicións: unha

3. Obxectivos

* Analizar os aspectos clave que cómpre ter en conta na implantación e planificación do teletraballo na actividade laboral dos/as traballadores/as das entidades locais da provincia.

* Identificar cales son as principais ferramentas para construír equipos de teletraballo de xeito remoto e aprender a xestionar con eficacia as reunións virtuais.

* Darlles a coñecer aos/ás participantes os conceptos básicos do traballo en equipo na función pública e identificar as estratexias que melloren o desempeño do traballo en equipo na consecución dos seus obxectivos.

* Achegarlles aos/ás traballadores/as das corporacións locais os coñecementos, habilidades e destrezas básicas e necesarias para o desenvolvemento do traballo en equipo en contornos de teletraballo na súa unidade administrativa e mesmo na propia entidade local no seu conxunto.

* Contribuír a modernizar a Administración Local da provincia na súa faceta organizacional fomentando o traballo en equipo e promovendo pautas de mellora continua na atención á cidadanía a través da xestión de equipos de traballo.

4. Programa

4.1. Construír o equipo

4.1.1. Habilidades técnicas.

4.1.2. Matriz de repartición de responsabilidades.

4.1.3. Funcionamento do grupo de traballo.

4.1.4. Habilidades interpersoais.

4.1.5. Habilidades persoais.

4.2. Dirixir equipos virtuais.

4.2.1. Tomar conciencia.

4.2.2. Presenza social e calidade da información.

4.2.3. Terreo común.

4.2.4. O éxito dos contornos virtuais de aprendizaxe.

4.3. A oficina virtual e as relacións virtuais.

4.3.1. Vantaxes.

4.3.2. Retos.

4.3.3. Ferramentas útiles.

5. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para participar nesta acción formativa rematará o martes 16 de outubro do 2024.

Temas:Administración pública, Administración local, Enseñanza y formación
Colectivos:Entidades locales, Empleados/as públicos/as
Organizaciones:Diputación de Ourense
Ámbitos geográficos:Ourense
Valorar:
Compartir contenido