Bases para a elaboración e execución do Plan provincial de cooperación ás obras e servicios municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2025
Co Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2025, esta Corporación Provincial trata de responder ás situacións e necesidades concretas de cada concello, reforzando a súa autonomía e responsabilidade.
O Plan provincial de cooperación pretende ser dinámico e cunha dotación económica axeitada.
A achega provincial asignada a cada municipio no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2025, deberá distribuírse do xeito seguinte:
- O 40% da dita achega, como mínimo, destinarase a investimentos reais, consonte co disposto no capítulo VI do anexo III da Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro (modificada pola Orde HAP/419/2014, do 14 de marzo), preferentemente os necesarios para a efectiva prestación dos servizos municipais obrigatorios enumerados no artigo 26 da LBRL, modificada por LRSAL. A dita achega constituirá o Programa de Investimentos do plan provincial.
- O 60% da dita achega, como máximo, destinarase a operacións correntes, consonte co disposto nos capítulos I a V (ambos incluídos) do anexo III da Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro, e/ou a amortización ou devolución de pasivos financeiros segundo o disposto no capítulo IX do anexo III da Orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro, coa finalidade de prover a correcta prestación dos servizos municipais. A dita achega constituirá o Programa de gasto corrente e amortización de débeda do plan provincial. Neste programa, compréndense expresamente os gastos de persoal relativos a novas contratacións de persoal laboral ao ter a consideración de programa de fomento do emprego subsumible nas políticas activas de emprego desta deputación, de conformidade co previsto nos artigos 4 e 36 do Real decreto lexislativo 3/2015, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de emprego.
- Con carácter excepcional, poderase dedicar o 100% da achega ao Programa de gasto corrente e amortización de débeda en supostos de insuficiencia financeira manifesta, considerándose nesta situación exclusivamente aqueles concellos nos que se cumpran simultaneamente os seguintes requisitos: que presenten un volume total de capital vivo de endebedamento superior ao 75% dos seus recursos correntes, remanente de Tesourería negativo, inestabilidade orzamentaria, e resultado orzamentario negativo, todos eles respecto ao último exercicio orzamentario liquidado.
A achega provincial ao Programa de investimentos e ao Programa de gasto corrente e amortización de débeda deberá completarse, de resultar insuficiente para o financiamento das actuacións incluídas neles, coas achegas municipais precisas. En consecuencia, poderán incluírse nos ditos programas investimentos e actuacións de importe superior á achega provincial, sempre e cando o concello achegue o financiamento complementario preciso.
Para unha xestión áxil e eficaz, as actuacións incluídas no Programa de investimentos e no Programa de gasto corrente e amortización de débeda unicamente poderán ser financiadas pola Deputación e polo concello, non admitíndose investimentos con cofinanciamento doutras entidades, co fin de que o plan non se vexa afectado polas obrigas adicionais impostas por aquelas. únicamente serán susceptibles de incluir nos respectivos programas de investimento ou gasto corrente, actuacións cofinanciadas por outras administracións cando se trate de investimentos ou programas que finalicen con anterioridade á data de xustificación establecida nestas bases para o presente plan provincial, cando o dito cofinanciamento veña permitido pola normativa aplicable das outras administracións implicadas, non sexa contraria a ningunha das bases incluídas neste plan, e a suma das subvencións concedidas non sexa superior á do gasto xustificado, minorándose neste caso esta subvención na cuantía necesaria para cumprir con esta regra.
A incorporación de actuacións ao programa de investimentos do plan provincial levará implícita a delegación da competencia a favor da Deputación Provincial de Ourense para a tramitación dos expedientes expropiatorios que resulten procedentes (salvo manifestación expresa en contrario da entidade respectiva), e serán por conta da entidade interesada todos custos derivados da tramitación dos ditos expedientes
Achega provincial e criterios de distribución
A achega provincial ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2025 ascenderá a cantidade de 17.958.889,13 €.
A distribución do dito importe entre os concellos da provincia de Ourense con poboación inferior a 20.000 habitantes, farase segundo os seguintes criterios:
- Unha asignación fixa, cunha dotación global de 8.980.000,00 €, que se distribuirá entre os concellos en consideración á súa poboación, consonte cos seguintes tramos:
De 0 a 1000 habitantes: 90.000,00 €
De 1001 a 5000 habitantes: 100.000,00 €
De 5001 a 10000 habitantes: 110.000,00 €
De 10001 a 20000 habitantes: 120.000,00 €
- Unha asignación variable, cunha dotación global de 8.978.889,13 €, que se distribuirá entre os concellos en consideración cos seguintes criterios:
Poboación: 50%
Núcleos de Poboación: 20%
índice de envellecemento: 15%
Superficie: 15%
A achega provincial correspondente a cada un dos concellos da provincia de poboación inferior a 20.000 habitantes é a que se reflicte no documento anexo a estas bases (anexo I) con especificación da achega total e da correspondente á asignación fixa e á asignación variable. Para os efectos de determinar a participación dos concellos en concepto de asignación variable, tivéronse en conta en canto a poboación, núcleos e superficie, os datos reflectidos na páxina web da FEGAMP (https://www.fegamp.gal/) a 31/12/2022 e en canto ao índice de envellecemento os datos reflectidos na páxina web do IGE -Instituto Galego de Estatística- (https://www.ige.gal/) na mesma data.
A achega provincial destinarase ao financiamento das actuacións incorporadas ao plan provincial a solicitude do concello respectivo, consonte coa distribución por programas e porcentaxes establecido na base segunda. A achega provincial ao Programa de investimentos e ao Programa de gasto corrente e amortización de débeda poderá completarse cunha achega municipal con cargo a fondos propios do concello respectivo, nos termos da base segunda.
Presentación e contido das solicitudes de adhesión
Solicitudes: requisitos xerais
Co fin de garantir o dereito dos municipios á participación na elaboración do plan, estes poderán formular solicitudes para a inclusión de actuacións no Programa de investimentos e no Programa de gasto corrente e amortización de débeda. As ditas solicitudes serán aceptadas obrigatoriamente pola Deputación Provincial, sempre que se formulen en tempo e forma e as actuacións reúnan os requisitos establecidos nestas bases.
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes deberán dirixírselle ao presidente da Deputación e presentarse no Rexistro Xeral da Deputación de xeito telemático, a través da súa sede electrónica: https: //sede.depourense.es/
O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación do acordo de aprobación definitiva das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. O prazo concluirá o mesmo día en que se produciu a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo de presentación resultase inhábil, entenderase automaticamente prorrogado ó primeiro día hábil seguinte. A falta de formulación da solicitude en prazo dará lugar á perda do dereito á participación no plan provincial.
Documentación para incorporar ás solicitudes
Tramitación e aprobación do plan provincial
Elaboración do proxecto de plan provincial. Corrección de deficiencias
Unha vez rematado o prazo de formulación de solicitudes a Sección de Contratación do Servizo Provincial de Investimentos, Contratación e Patrimonio, elaborarase o proxecto de Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2025, que será sometido ao ditame da Comisión Informativa de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural e á aprobación inicial por parte do Pleno na sesión ordinaria do mes de febreiro de 2025.
No período de elaboración do proxecto, comunicaráselle telematicamente a través da sede electrónica aos concellos, as posibles deficiencias observadas nas solicitudes presentadas, para a súa corrección urxente dentro do dito prazo. De non efectuarse a corrección das deficiencias advertidas, non serán incorporadas ao plan as actuacións afectadas por tales deficiencias.
Aprobación do plan provincial
Unha vez aprobado inicialmente polo Pleno, o plan provincial será sometido a información pública por dez (10) días hábiles mediante o anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia. De formularse alegacións, estas serán resoltas polo Pleno. De non formularse alegacións, o plan considerase definitivamente aprobado.
Unha vez aprobado definitivamente o plan, a Presidencia da Deputación publicará esta circunstancia mediante o anuncio inserido no Boletín Oficial da Provincia, e iniciarase o prazo de execución.
Execución do plan provincial