Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina 255.000 € en axudas ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil
Avisar de errores Imprimir ficha
Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación15/01/2025 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosAsociaciones y ONGs, Entidades locales OrganizacionesXunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Publicada no DOG de hoxe a Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025
Detalles contenido
A Xunta destina 255.000 € en axudas ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil Publicada no DOG de hoxe a Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025
15/01/2025|DOG

Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria e entidades locais que realicen proxectos de voluntariado ao abeiro do programa Servizo de voluntariado xuvenil desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de outubro de 2025.

Obxecto e finalidade

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento de concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, que realicen proxectos do dito programa desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o 31 de outubro de 2025, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

O dito programa consiste en instar a participación nas entidades de acción voluntaria e nas entidades locais inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia das persoas mozas galegas para a súa colaboración como persoas voluntarias na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro dos sectores de actuación establecidos na Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria.

Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 19 de decembro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento BS320A).

 Orzamento

A contía global da convocatoria é de douscentos cincuenta e cinco mil euros (255.000 €), dos cales, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0, cento vinte mil euros (120.000 €) se destinarán ás entidades locais e, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0, cento trinta e cinco mil euros (135.000 €) se destinarán ás entidades de acción voluntaria, de acordo co proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa xuntanza do 17 de outubro de 2024, en que se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

En ningún caso a contía da axuda poderá superar os 4.800 €, que correspondería a un proxecto de 8 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días, ou a cantidade de 12.000 €, que correspondería a un proxecto de 20 persoas voluntarias colaborando 6 horas ao día por un total de 60 días, naqueles casos en que se poida solicitar ata un máximo de 20 persoas voluntarias.

Outros datos

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá xunto co número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha destas persoas e do número de días que participará cada unha, así como do custo que correspondería por número de persoas voluntarias e días e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva seguindo a orde de prelación pola puntuación obtida. Requirirase unha puntuación mínima de 50 puntos e a concesión efectuarase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Temas:Administración pública, Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales
Colectivos:Asociaciones y ONGs, Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia, Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido