Ficha biblioteca

Noticia A Xunta destina 850.000 € ás entidades locais para levar a cabo actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados
Avisar de errores Imprimir ficha
Contenido nuevo Valoración: 0 de 5 (0)
Datos contenido
Información general
Fecha modificación21/01/2025 FuenteDOG
Taxonomía
TemasAdministración pública, Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales Tipo de contenidoNoticias, Ayudas y subvenciones ColectivosEntidades locales OrganizacionesXunta de Galicia Ámbitos geográficosGalicia
Descripción Publicada no DOG de hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia , destinadas ás entidades locais
Detalles contenido
A Xunta destina 850.000 € ás entidades locais para levar a cabo actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados Publicada no DOG de hoxe a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia , destinadas ás entidades locais
21/01/2025|DOG

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais que no seu ámbito territorial correspondente presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta mediante a súa contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin.

Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).

Obxecto

Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados e/ou formen parte de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (procedemento MT811A), destinadas ás entidades locais.

Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2025, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A).

 Contía

O importe asignado é de oitocentos cincuenta mil euros (850.000 €), sen prexuízo do incremento orzamentario que se poida realizar con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 12 de setembro de 2025.

Outros datos

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen efectivamente realizados no período comprendido entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025.

Temas:Administración pública, Administración local, Salud, asistencia sanitaria y servicios sociales
Colectivos:Entidades locales
Organizaciones:Xunta de Galicia
Ámbitos geográficos:Galicia
Valorar:
Compartir contenido