Servizo que permite a conexión de equipos externos remotos a equipos informáticos das entidades locais que estean integrados na Rede Corporativa da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de empregar unha rede privada virtual (en diante VPN), corporativa e persoal que permita o acceso remoto á Rede Corporativa da Xunta de Galicia (en diante RCXG) e a sistemas das entidades locais integrados nela, tanto aos/ás empregados/as públicos/as como ao persoal colaborador de empresas de servizos das entidades locais galegas.

A VPN habilita o acceso remoto á RCXG desde equipos externos á mesma, tanto dende portátiles en mobilidade coma dende outros equipos non corporativos (PC da casa...).

Unha vez que a persoa usuaria se conecta á RCXG a través da VPN corporativa persoal poderá acceder tanto a recursos da Xunta como aos recursos internos da entidade local que estean integrados na rede da Xunta e, mediante escritorio remoto, ao equipo de sobremesa do seu posto de traballo na entidade local.

 

REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO AO SERVIZO

  • A entidade local que solicita o servizo deberá estar adherida ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia".
  • A persoa usuaria do servizo debe dispoñer de usuario de acceso ao portal Eidolocal.
  • Os requisitos mínimos que debe cumprir o equipo informático dende o que se vai acceder ao servizo con sistema operativo Windows 7/8/10:
    • Ter instalado Certificado Dixital FNMT de Persoa Física, Camerfirma, DNIe ou de Empregado Público en vigor, en ningún caso de empresa. No caso de que o certificado se atope nunha tarxeta criptográfica, será preciso ter instaladas as aplicacións de lectura de certificados correspondentes.
    • A data e hora do equipo deben ser correctas.
    • Debe ter instalado o certificado de entidade raíz da FNMT ou Camerfirma disponible en:
      • https://www.sede.fnmt.gob.es/descargas/certificados-raiz-de-la-fnmt
      • https://www.camerfirma.com/area-de-usuario/descarga-de-claves-publicas/
      • https://rest.camerfirma.com/certs/ac_camerfirma_natural_persons-2016.cr
    • Debe ter un antivirus correctamente instalado e actualizado.
    • Debe ter activado o corta lumes no sistema desde o que se está a conectar.

Os requisitos específicos para outros sistemas operativos (Mac OS, Linux, Android e IOS) figuran no manual disponible na solapa “Contido relacionado” accesible dende esta mesma páxina na área privada de EidoLocal.

 

SOLICITUDE DO SERVIZO

Para solicitar alta/modificación/baixa dunha VPN deberá remitir ao Cau periférico (cau-periferico@xunta.gal) cumprimentado e asinado electrónicamente o modelo de solicitude disponible na solapa “Contido relacionado” accesible dende esta mesma páxina na área privada de EidoLocal.

 

CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo, poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.

 

Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
113 Comunicación Interoperabilidad Acceso á Rede SARA e aos seus servizos Correo electrónico
112 Comunicación Apertura/peche portos cara ao exterior da Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico
111 Comunicación Compra ou préstamo de equipamento de comunicacións para conexión á Rede Corporativa da Xun... Correo electrónico
110 Comunicación Conexión WiFi á Rede Corporativa da Xunta de Galicia Fax , Correo electrónico
114 Aplicaciones y servicios finales Correo electrónico-Eidolocal Correo electrónico
108 Comunicación Internet/ Direccionamento IP na Rede Corporativa da Xunta de Galicia. Correo electrónico
107 Comunicación Liña de conexión á Rede Corporativa da Xunta de Galicia Correo electrónico
115 Servicios de uso común o básicos eAdministración Rexistro de nomes de dominio Correo electrónico , Fax
Fecha modificación

03/03/2022

Proveedor/Responsable del servicio

Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Gestión interna EELL, Interacción entre Administraciones

Beneficiario

Entidades locales

Modo de consumo

No aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración