Xestión Centros de Información á Muller (CIM)
Aplicación web que facilita a xestión dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) permitindo organizar os seus procesos internos, coa finalidade de mellorar o seu servizo de atención ás mulleres.
Os CIM regúlanse polo Decreto 130/2016, do 15 de setembro e configúranse como un conxunto de recursos das entidades locais, desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Os CIM atenderán a todas as mulleres que o demanden, así como calquera persoa, sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.
Para solicitar o acceso a aplicación de xestión dun CIM pode contactar co Servizo de Apoio Técnico Administrativo da Secretaría Xeral da Igualdade a través de xestion.igualdade@xunta.gal ou no teléfono: 981 545 362.
Para calquera dúbida ou incidencia técnica relacionada con esta aplicación poderá contactar co CAU no telf. 881 995 300 ou por correo electrónico dirixido a cau-periferico@xunta.gal.
Para solicitar o acceso á aplicación, dúbidas de caracter administrativo ou sobre o funcionamento e xestión dun CIM pode contactar co Servizo de Apoio Técnico Administrativo da Secretaría Xeral da Igualdade a través de xestion.igualdade@xunta.gal ou no teléfono: 981 545 362.
01/02/2024
Xunta de Galicia / Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade / Secretaria Xeral de Igualdade - Xunta de Galicia / Consellería de Facenda e Administración Pública / Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Interacción entre Administraciones
Ciudadanos, Entidades locales
Portal web
Gratuíto
DECRETO 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento