Servizo de apoio e asesoramento ás entidades locais no desenvolvemento das tecnoloxías e na promoción de proxectos de modernización no eido da eAdministración proporcionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a través da Oficina eConcellos.

A Xunta de Galicia está a intensificar o desenvolvemento de iniciativas, proxectos e servizos para o impulso da modernización das EELL. Este aumento de actividade deriva na necesidade de contar cun servizo que, dentro do ámbito da eAdministración:

  • Coordine as iniciativas, proxectos e actividades que se están a desenvolver desde a Xunta de Galicia, aliñándoos coa súa estratexia TIC.
  • Xestione e controle os servizos que se están a prestar desde a Xunta de Galicia ás EELL
  • Identifique novas necesidades e defina novos servizos de interese para as EELL.

 

Con fin de dar este servizo e de poñer a disposición dos concellos de Galicia unha oficina técnica de apoio e asesoramento no desenvolvemento das tecnoloxías e a promoción de proxectos de modernización no eido da eAdministración, nace a Oficina eConcellos, iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Dende a Amtega, a través da Oficina eConcellos, quérese impulsar unha acción coordinada entre a Xunta de Galicia e as entidades locais, como elemento fundamental para facilitar a incorporación de solucións tecnolóxicas desenvolvidas pola Xunta de Galicia ou por outras Administracións (por exemplo, Administración Xeral do Estado), no eido da Administración Electrónica, realizandose as seguintes actividades:

  • Apoio e asesoramento aos concellos no marco dos proxectos e actuacións de índole autonómico relacionadas co desenvolvemento da Administración electrónica.
  • Asesorar ás entidades locais no impulso de iniciativas orientadas á aplicación das novas tecnoloxías no eido da administración pública.
  • Identificar e informar sobre necesidades comúns de administracións locais no desenvolvemento dos seus sistemas e infraestruturas tecnolóxicas.
  • Coordinación de accións que involucren á Xunta e aos concellos para o desenvolvemento da eAdministración.
  • Contribuir ao cumprimento da normativa vixente sobre o uso das tecnoloxías da información e comunicación nas entidades locais galegas.

 

A Oficina eConcellos está á disposición das entidades locais para a resolución de dúbidas e para proporcionar asesoramento naqueles temas relacionados coa administración electrónica, tanto por correo electrónico como telefónicamente:

 

 

Identificador Formato Nombre Descripción
20550 Enlace Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da adm... O Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para o desenvolvemento da a...
Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
139 Soporte técnico y asesoramiento Soporte técnico a EELL (CAU) Teléfono , En línea
Fecha modificación

13/05/2020

Proveedor/Responsable del servicio

Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dudas

Oficina eConcellos (Tlf. 981 957595, correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal, horario: 9:00-15:00h. L-V)

Tipo de uso

Gestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locales

Modo de consumo

No aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración