Acceso a á información xeral en liña de distintos tipos de expedientes tramitados no COATAC.

O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, COATAC,  facilitará a todos os concellos que o soliciten, un usuario e un contrasinal de acceso á súa web colexial (https://www.coatac.es), mediante o que, indicando o motivo da consulta e o nº de expediente, terá acceso directo en liña á información xeral dos seguintes tipos de expedientes:

  • Proxectos.
  • Direccións de obra.
  • Direccións de execución de obra.
  • Legalizacións
  • Coordinacións de seguridade e saúde.
  • Estudos/estudos básicos de seguridade e saúde.
  • Proxectos de actividade.
  • Informes, certificados, tasacións, peritacións, etc.
  • En xeral, calquera outro  encargo que fora tramitado no COATAC.

Esta información xeral estará composta por:

  • Tipo de trámite realizado (visado ou  rexistro).
  • Fecha de tramitación.
  • Dirección do expediente.
  • Presuposto e superficie do expediente.
  • Promotor.

Asemade, nos casos nos que a tramitación da documentación se realizase en formato dixital, o persoal do concello poderá consultar e descargar en  formato electrónico dita documentación.

Para solicitar un usuario e contrasinal de acceso deberá remitir ao Centro de Atención a Usuarios da Xunta, CAU (cau-periferico@xunta.gal) a solicitude de alta no servizo debidamente cumprimentada e asinada.

Unha vez dado de alta, o colexio remitiralle as credenciais de acceso.

O único requirimento necesario para poder utilizar o servizo é dispoñer de ordenador con conexión a Internet e un programa de lectura de documentos en formato pdf.

Identificador Formato Nombre Descripción
20920 Documento Solicitude de alta/baixa de acceso ao servizo de consulta de expedientes do COATAC Modelo de solicitude de usuario/a de acceso ao servizo de consulta de expedientes do COATA...
Identificador Tipo de servicio Nombre servicio Convenio eAdmon Modalidad solicitud
20421 Aplicaciones y servicios finales Consulta de expedientes COATPO Correo electrónico
20320 Interoperabilidad Portal de Consultas de Obras (IOCOAG) Correo electrónico

Para calquera problema técnico co servizo poderá contactar co CAU (cau-periferico@xunta.gal ou teléfono: 881 995 300) e para calquera consulta ou dúbida de carácter funcional deberá contactar directamente co gabinete técnico do COATAC (gabinete@coatac.es) ou teléfono: 981 206140 ext.117.

 

Fecha modificación

26/07/2023

Proveedor/Responsable del servicio

Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, COATAC; Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Interacción entre Administraciones

Beneficiario

Empreados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto