Asesoramento para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación no termo municipal
A Xunta de Galicia en colaboración coa AETG pon a disposición dos concellos galegos un punto de referencia exclusivo, gratuíto e á medida para resolver as súas dúbidas ou necesidade de información relacionada con:
- A aplicación da lexislación sectorial de telecomunicacións, así como da normativa autonómica de protección do territorio, medio ambiente e do patrimonio histórico artístico con implicación no despregue de infraestruturas de telecomunicación.
- Cuestións referentes as características xerais das infraestruturas necesarias para a prestación de servizos de telecomunicacións segundo a tecnoloxía empregada.
- Recomendacións sobre aspectos relacionados coa normativa urbanística que afecte as telecomunicacións, como pode ser a tramitación de solicitudes de autorización de instalación.
- Difusión entre os concellos das mellores prácticas para o aproveitamento das infraestruturas existentes, a apertura solidaria das vías públicas ou o uso compartido das infraestruturas.
Esta medida ven motivada polos numerosos cambios en materia das telecomunicacións que se están a producir nestes anos, e que afectan ás actividades sobre as que exercen as súas competencias as Administracións Locais. Constátase a dificultade de actualización normativa e de acceso á información tecnolóxica que están a condicionar o funcionamento diario das Administracións Locais.
O obxectivo final desta medida é facilitar o desenvolvemento ordenando das telecomunicacións en todo o territorio promovendo un ambiente favorable que atraia o investimento dos operadores na nosa terra e facer que todos os cidadáns poidan acceder a máis e mellores servizos de telecomunicación alcanzables.
No marco deste servizo, a AETG elaborou unha Guía de recomendacións para facilitar aos concellos a introdución das infraestruturas de telecomunicacións no planeamento municipal e cumprir así, coa obrigación establecida pola recente Lei 9/2014, de 9 de maio, Xeral de Telecomunicacións no referente á inclusión das redes de comunicacións electrónicas na normativa e instrumentos de planificación territorial e urbanística.
Así mesmo, tamén se elaborou a Guía de casos prácticos de tramitación de infraestructuras de telecomunicacións, onde se recollen as novidades normativas dos últimos anos que afectas ás actividades sobre as que exercen as súas competencias os concellos e a Guía técnica de infraestructuras do fogar dixital onde se recollen as obrigacións dos concellos establecidas polo Decreto 127/2016 sobre as infraestruturas de Fogar Dixital na construción de novas vivendas en Galicia e preséntase o proxecto tipo destas infraestruturas.
Para máis información sobre este servizo faga clic aqui.
O servizo está a disposición dos concellos a través do teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h e no enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal.
Formato | Nombre | Descripción |
---|---|---|
Guía de recomendacións para a introdución de infraestruturas de telecomunicación en plans ... | Guía de recomendacións elaborada pola AETG para facilitar aos Concellos a introdución das ... | |
Guía “Casos prácticos de tramitación de infraestruturas de telecomunicacións” | Guía de casos prácticos sobre a tramitación de infraestruturas de telecomunicacións onde s... | |
Guía Técnica de Infraestruturas de Fogar Dixital | Guía Técnica de Infraestruturas de Fogar Dixital onde se recollen as obrigacións dos conce... |
Tipo de servicio | Nombre servicio | Convenio eAdmon | Modalidad solicitud |
---|---|---|---|
Asesoramento eAdministración a EELL (Oficina eConcellos) | Correo electrónico , Teléfono | ||
Soporte técnico a EELL (CAU) | En línea , Teléfono |
13/02/2020
Xunta de Galicia /Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG)
Oficina asesoramiento a concellos AETG (Tlf. 981 913 576), correo electrónico: oficinaconcellos@aetg.gal
Gestión interna EELL
Entidades locales
No aplica
Gratuíto