Rexistro de licencias e autorizacións interurbanas de taxi da Comunidade Autónoma de Galicia (RtAXI)
Plataforma informática utilizada polas administracións públicas autonómica e local que facilita a realización dos actos e trámites obxecto de rexistro en relación as licenzas de taxi e das autorizacións interurbanas de taxi.
A plataforma RtAXI (Rexistro de títulos habilitantes para prestar os servizos de taxi na Comunidade Autónoma de Galicia) e unha aplicación web que ten por finalidades:
a) Recoller nun soporte unificado os datos administrativos relevantes para ser titular dunha licenza de taxi e dunha autorización interurbana de taxi, así como para transmitilas, suspendelas, visalas e realizar o resto de trámites previstos na Lei 4/2013, do 30 de maio de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, e nas súas disposicións de desenvolvemento (Decreto 103/2018, do 13 de setembro no que se aproba o regulamento da Lei e a Orde do 30 de xaneiro de 2015 na que se regula o rexistro de títulos habilitantes para prestar servizos de taxi na Comunidade Autónoma de Galicia.).
b) Posibilitar que as comunicacións e anotacións relativas aos datos anteditos que teñan lugar entre os concellos e a Xunta de Galicia se fagan por medios telemáticos e coordinar a intervención destas administracións na inscrición e no resto de trámites que afecten os títulos habilitantes para prestar servizos de taxi.
c) Darlles publicidade aos datos inscritos no rexistro que sexan relevantes para garantir os dereitos das persoas consumidoras e usuarias no acceso e na prestación dos servizos de taxi.
Tanto as licenzas de taxi outorgadas polos concellos de Galicia como as autorizacións interurbanas de taxi concedidas pola Xunta de Galicia, mesmo as que se atopen suspendidas, deberán constar obrigatoriamente no Rexistro de títulos habilitantes para prestar os servizos de taxi na Comunidade Autónoma de Galicia.
As principais funcionalidades desta aplicación web son facilitar ao concello:
● A xestión de expedientes correspondentes ao seu municipio formados pola agrupación de autorizacións, licencias, vehículos e persoas interrelacionados.
● O acceso á normativa.
● a Integración con diferentes sistemas de información.
REQUISITOS MINIMOS PARA O ACCESO
A aplicación non esixe que os equipos informáticos dende os que se acceda teñan que cumprir con requirimentos especiais, agás dispoñer de acceso a internet e un navegador web.
SOLICITUDE DE ACCESO (ALTA/MODIFICACION/BAIXA USUARIOS)
Para solicitar un concello o alta neste servizo deberá remitir un correo electrónico ao Servizo Territorial de Mobilidade da súa provincia indicando os seguintes datos para cada usuario da entidade que se desexe dar de alta:
- Nome e apelidos
- DNI
- Teléfono
- Correo electrónico
- Entidade local a que pertence
Para a solicitude de novas altas de usuarios, modificacións dos existentes e baixas deberase utilizar o mesmo procedemento.
Os datos de contacto dos Servizos Territoriais de Mobilidade de cada provincia son:
A CORUÑA | Alcalde Pérez Ardá, 4 - 15008 A Coruña mobilidade.coruna@xunta.gal Telf. 881 881 031 |
LUGO | Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo mobilidade.lugo@xunta.gal Telf. 982 294 409 |
OURENSE | R/ Valente Docasar, 2 baixo - 32003 Ourense mobilidade.ourense@xunta.gal Telf. 988 687 306 |
PONTEVEDRA | Avda. María Victoria Moreno, 43-1º - 36071 Pontevedra mobilidade.pontevedra@xunta.gal Telf. 886 206 004 |
CONTACTO PARA DÚBIDAS OU INCIDENCIAS
Para calquera dúbida técnica ou incidencia co servizo poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal. Para as dubidas funcionais, pode contactar co servizo de mobilidade correspondente arriba indicado.
Formato | Nombre | Descripción |
---|---|---|
Manual de usuario do Rexistro de licencias e autorizacións interurbanas de taxi da Comunid... | Manual de usuario da aplicación web do Rexistro de licencias e autorizacións interurbanas ... |
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.es, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
01/02/2024
Conselleria de Infraestructuras e Mobilidade
Gestión interna EELL, Interacción entre Administraciones
Ciudadanos, Entidades locales
Portal web
Gratuíto
ORDE do 30 de xaneiro de 2015 pola que se regula o Rexistro de títulos habilitantes para prestar servizos de taxi na Comunidade Autónoma de Galicia.