Sistema de información de xestión do rexistro civil (DICIREG)
DICIREG (DIgital CIvil REGistry), é unha plataforma que facilita a xestión de forma centralizada dos rexistros civís municipais, dos xulgados de paz e do rexistro civil central (oficinas xerais de rexistro, rexistros municipais delegados e rexistro civil central respectivamente) segundo a Lei 20/2011 do 21 de xullo.
Permite o rexistro de solicitudes, a tramitación de expedientes, a interoperabilidade cos axentes externos, a entrada de documentación en formato electrónico, e en xeral, é a base que soporta a operativa necesaria para resolver os asuntos do Rexistro Civil de maneira integral.
Tamén facilita a transmisión masiva de datos de utilidade pública aos organismos públicos que teñan interese neles, con pleno respecto aos límites legais sobre publicidade restrinxida, á protección de datos persoais e ao dereito á intimidade persoal e familiar.
Con DiciReg impleméntase un rexistro electrónico adaptado ao novo modelo de Rexistro Civil, en cumprimento da Lei 20/2011 do 21 de xullo, que caracterízase, principalmente, por ser público, gratuíto, único para toda España e que se configura como electrónico e interoperable.
O sistema DiciReg irase implantando progresivamente. Pode consultar o estado da implantación no seguinte listado:
Dispón dos manuais de usuario e de máis información sobre este servizo en: https://intranet.xustiza.gal/dicireg (só accesible dende pcs integrados na rede da Xunta).
Requisitos de acceso ao servizo
- Conexión a Internet
- Navegador compatible:
- Microsoft Edge: V 89.0.774.
- Google Chrome: V 89.0.4389.90, V 89.0.4389.114, V 89.0.4389.128 ou V 90.0.4430.72.
- Mozilla Firefox: V 41.0.2.
- Certificado electrónico
- Lector documentos PDF Acrobat Reader 7 ou superior
- Impresora
- Escáner
Solicitude de acceso ao servizo
A entrada en servizo efectiva desta aplicación nun rexistro civil acórdase mediante resolución da Dirección General de Seguridad Jurídica y Fe Pública do Ministerio de Justicia.
Formato | Nombre | Descripción |
---|---|---|
Listaxe das entidades locais galegas con rexistro civil no que está operativa a aplicación... | Listaxe das entidades locais galegas con rexistro civil no que está operativa a aplicación... |
Tipo de servicio | Nombre servicio | Convenio eAdmon | Modalidad solicitud |
---|---|---|---|
Sistema de información do Rexistro Civil (INFOREG) |
31/01/2024
Gobierno de España/Ministerio de Justicia; Xunta de Galicia /Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Deportes e Xustiza/Dirección Xeral de Xustiza; Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Interacción entre Administraciones
Ciudadanos
Portal web
Gratuíto