Aplicación que facilita a xestión do Rexistro de Informes de Avaliación de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia (REGIAE)

O Informe de Avaliación de Edificios (IAE) é o instrumento que acredita a situación na que se atopa un edificio en relación ao seu estado de conservación, ao cumprimento da normativa vixente sobre accesibilidade e ao seu grado de eficiencia enerxética.

O IAE está directamente relacionado co deber das persoas propietarias de toda clase de terreos, construccións, edificios e instalacións, de conservalos nas condicións legais para servir de soporte aos usos aos que están destinados e, en todo caso, nas de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato legalmente esixibles.

Correspóndelle á Administración municipal a competencia para velar polo cumprimento dos deberes de conservación e rehabilitación, así como as órdenes de execución que obriguen ás persoas propietarias de bens inmobles a realizar as actuacións necesarias para dar cumprimento a este deber.

Ao obxecto de garantir este cumprimento, a Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e rexeneración e renovación urbanas de Galicia define o IAE, o seu contido, obrigatoriedade e vixencia e anticipa a creación dun rexistro para a inscripción destes informes que conterá toda a súa información.

Nesta liña publícase o Decreto 61/2021, de 8 de abril, polo que regúlase o informe de avaliación dos edificios e créase o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificiosrequirindo o desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica que posibilite a xestión de dito rexistro. A estes efectos, o Instituto Galego da Vivenda e Solo pon a disposición dos concellos as aplicacións informáticas de carácter público para a elaboración dos informes de avaliación de edificios.

REQUISITOS MÍNIMOS PARA O ACCESO

Os equipos informáticos que vaian a acceder ao servizo deben cumprir os seguintes requisitos técnicos mínimos:

  • ter conexión a internet.
  • ter instalado un navegador compatible: versións recentes de Microsoft Edge, Mozilla Firefox, Google Chrome, etc co javascript activado.

As persoas da entidade local que vaian a acceder ao servizo debe:

  • dispoñer de DNI electrónico ou certificado electrónico aceptado pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado.
  • estar dadas de alta no portal EidoLocal para o que se debe recurrir á/s persoa/s xestor/as de usuarios do portal Eidolocal na entidade local (alcalde,secretario, persoal informático,..).

 

SOLICITUDE DE ALTA/BAIXA DA ENTIDADE LOCAL

Para solicitar unha entidade local o acceso a REGIAE (alta en REGIAE)  deberase cumprimentar e asinar o formulario "REGIAE - Formulario de alta/baixa entidade local" e enviar a solicitude por correo electrónico ao CAU da Xunta cau-periferico@xunta.gal.

Na solicitude deberase indicar a persoa que será administradora de REGIAE na entidade e que deberá  dispoñer de usuario de acceso ao portal Eidolocal. A alta/baixa en REGIAE será confirmada á persoa administradora ao correo de contacto indicado na solicitude.

Esta persoa administradora poderá xestionar en REGIAE a alta e baixa do resto de usuarios/as da entidade local (outros administradores e perfís técnicos e administrativos).

Identificador Formato Nombre Descripción
69324 Enlace REGIAE - Manual de usuario Manual de usuario REGIAE
69325 Documento REGIAE - Formulario de alta/baixa entidade local Modelo de solicitude alta/baixa dunha entidade local na aplicación web para a xestión do R...

Para calquera dúbida técnica ou incidencia co servizo poderase poñer en contacto co CAU Periférico a través do teléfono 881 995 300 ou no correo cau-periferico@xunta.gal.  

Para as dúbidas funcionais, teñen dispoñible un manual de usuario. No caso ter algunha dúbida que non poidan solventar co manual, poden dirixirse mediante correo electrónico a calidade.igvs@xunta.gal

Fecha modificación

29/04/2024

Proveedor/Responsable del servicio

Instituto Galego de Vivenda e Solo. Consellería de Vivenda e Panificación de Infraestructuras.

Datos contacto dudas

CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)

Tipo de uso

Gestión interna EELL, Interacción entre Administraciones

Beneficiario

Ciudadanos, Entidades locales

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

DECRETO 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.