A Xunta de Galicia asinou un contrato con Camerfirma para obter de xeito gratuíto certificados dixitais e servizos que permiten aos organismos e entidades públicas firmar os documentos que forman parte dos procedementos que se tramitan de xeito telemático e identificarse ante os cidadáns nas relacións por canles telemáticas. Estes servizos están dispoñibles para os concellos galegos a as Deputacións Provinciais, entre outros organismos como a Xunta de Galicia, CIXTEC, Universidades Públicas, Sergas, Valedor do Pobo, Consello de Contas e Parlamento de Galicia

Os servizos contemplados son:

  • Implantación de Oficinas de Rexistro AP e de Cidadáns
  • Certificados de Empregado Público
  • Certificados de Sede Electrónica
  • Certificados de Selo Electrónico
  • Certificados de Servidor Seguro
  • Certificados de Sinatura de Código
  • Servizo de validación de certificados
  • Servizo de Selado de Tempo

Para obter máis información sobre o contrato con Camerfirma e os servizos de certificación deberá acceder a sección "Contido relacionado" desta mesma páxina onde atopará a guía co resumo dos servizos de certificación dispoñibles, as guías correspondentes á implantación dunha oficina de rexistro, á solicitude, renovación e revogación dos servizos de certificación e mais os modelos de solicitude correspondentes.

Como obter os certificados:

Adhesión Convenio: As entidades locais que desexen obter os beneficios do contrato deberán estar adheridos ao "Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para o desenvolvemento da Administración Electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia".

Emisión de certificados para a AP e os Cidadáns. Creación Oficina de Rexistro:

  • Emisión de certificados de Empregado Público, Sede Electrónica ou Selo Electrónico:  para a xestión destes certificados, será necesario implantar unha Oficina de Rexistro AP na entidade, onde se realizarán os trámites necesarios con Camerfirma para a obtención dos certificados.
  • Emisión de certificados de persoa física para a cidadanía: para a emisión deste tipo de certificados será necesario implantar unha Oficina de Rexistro de Cidadáns na súa Entidade.

Para crear unha Oficina de Rexistro (para AP, Cidadáns ou ambas) é necesario realizar os seguintes pasos:

1 - Cumprimentar os modelos de adhesión que pode atopar no apartado de “contido relacionado”:

  1. Adhesión da Autoridade de Rexistro:  A persoa da entidade con poderes de representación (alcalde ou presidente) deberá firmar o documento de adhesión no que se adquiren os compromisos necesarios para realizar labores de Autoridade de Rexistro.
  2. Nomeamento do Responsable da Oficina de Rexistro:  A persoa con poderes de representación (alcalde ou presidente)  nomeará a un responsable  de operacións de rexistro da súa entidade, que será tamén o encargado de coordinar aos Operadores de Rexistro.
  3. Nomeamento dos Operadores de Rexistro: A persoa designada como ROR debe autorizar ás persoas que exercerán o labor de Operadores de Rexistro dentro da oficina (deberán ser ao menos dous operadores), facilitando os datos de cada un deles.

2 - Envío da documentación a Camerfirma: Esta documentación, debidamente cumprimentada e asinada deberá remitila a Camerfirma a través da conta de correo  operaciones@camerfirma.com indicando no correo electrónico que tipo de Oficina de Rexistro quérese crear ( AP, Cidadáns ou ambas).

3 - Unha vez recibida a documentación, Camerfirma porase en contacto coa entidade para indicarlles os seguintes pasos a realizar para a formación dos operadores e para comezar a emitir certificados dixitais.

4 - Documentación de apoio para a emisión dos certificados: atopará tamén no apartado de “contido relacionado” a documentación de apoio necesaria para a solicitude dos certificados.

Servizo de selado de tempo: Este servizo solicítase a través do correo electrónico operaciones@camerfirma.com.

Certificados de compoñente, Certificado de sinatura de Código e Certificado de Servidor Seguro: Estes servizos solicítanse a través do correo electrónico operaciones@camerfirma.com.

Servizo de Validación de certificados: O servizo de validación de certificados está dispoñible a través da  seguinte ligazón: http://www.camerfirma.com/servicios/respondedor-ocsp/

Identificador Formato Nome Descrición
24763 Documento Adhesión da Autoridade de Rexistro Adhesión da Autoridade de Rexistro
24764 Documento Nomeamento do Responsable da Oficina de Rexistro Nomeamento do Responsable da Oficina de Rexistro
24765 Documento Nomeamento dos Operadores de Rexistro Nomeamento dos Operadores de Rexistro
24766 Documento Emisión de certificado de Empregado Público Emisión de certificado de Empregado Público
24767 Documento Emisión de certificado de Sinatura de Código Emisión de certificado de Sinatura de Código
24768 Documento Emisión de certificado de Selo Electrónico Emisión de certificado de Selo Electrónico
24769 Documento Emisión de certificado de Sede Electrónica Emisión de certificado de Sede Electrónica
24771 Enlace Soporte de CAMERFIRMA Soporte de CAMERFIRMA
25404 Documento Guía de implantación dunha Oficina de Rexistro Guía rápida para a implantación dunha Oficina de Rexistro de Camerfirma
25405 Documento Guía de solicitude de servizos de certificación Guía rápida para a solicitude dos servizos de certificación dixital
25406 Documento Guía de renovación de servizos de certificación Guía rápida para a renovación dos servizos de certificación dixital
25407 Documento Guía de revogación de servizos de certificación Guía rápida para a revogación dos servizos de certificación dixital
25408 Documento Guía resumo de servizos de certificación Servizos de certificación dixital .O Certificado Dixital, tipos e servizos

Para calquera dúbida técnica que se lle presente no proceso de solicitude dos servizos de certificación ou ben na instalación e utilización dos mesmos pode contactar co soporte técnico de CAMERFIRMA a través das seguintes vías:

Para calquera outra dúbida pode contactar coa Oficina eConcellos a través do correo electrónico oficina.econcellos@xunta.gal ou ben do teléfono 981957595.

Data modificación

14/08/2024

Proveedor/Responsable do servizo

Xunta de Galicia /Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Datos contacto dúbidas

• Apertura de ticket a través do correo electrónico soporteusuarios@camerfirma.com • Chat directo dende a páxina web  https://www.camerfirma.com/contacto-soporte/ • Teléfono de soporte: 91 136 91 05

Tipo de uso

Xestión interna EELL, Interacción entre Administracións

Beneficiario

Cidadáns, Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos, Outras administracións

Modo de consumo

Non aplica

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio eAdministración