Portal de transparencia local de Galicia
Portal que pretende concentrar toda a información relacionada coa transparencia na Administración Local galega de cara ao cidadán ao mesmo tempo que pon a disposición das entidades locais galegas unha plataforma gratuíta na que poidan publicar o seu propio portal de transparencia con toda a información en materia de transparencia que esixe tanto a lexislación estatal como as normas sectoriais do ámbito local e as recomendacións e boas prácticas das principais organizacións en materia de transparencia.
A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno, susténtanse en tres piares fundamentais: ampliar e reforzar a transparencia de actividade pública, regular e garantir o dereito de acceso á información relativa a aquela actividade e establecer as obrigacións de bo goberno que deben cumprir os responsables públicos, incluídas as entidades locais.
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ten entre as súas finalidades, servir de apoio e axuda aos concellos galegos para acadar o grao de transparencia establecido pola actual normativa especialmente naqueles concellos que carecen de medios suficientes para facer fronte a estes retos.
Con este obxectivo, o 10 de decembro de 2015 foi habilitada unha plataforma web como instrumento para facilitar a todos os concellos galegos a aplicación das súas obrigas en materia de transparencia e facilitar a consulta da información relativa á actividade da Administración local.
Para continuar afondando no impulso e mellora da transparencia no ámbito local de Galicia, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a FEGAMP subscribiron o 18 de xullo de 2016 un convenio de colaboración coa Universidade de Vigo para, entre outras actuacións, abordar o redeseño do Portal de Transparencia local e facilitar así un aproveitamento mais eficiente do mesmo e que mellor resposte ás necesidades e peculiaridades dos concellos de Galicia tanto organizativas como de funcionamento así como as demandas dos seus veciños.
Así pois, a través da nova Plataforma, os concellos galegos poden, de xeito gratuíto, volcar toda a información en materia de transparencia que esixe tanto a lexislación estatal como as normas sectoriais do ámbito local e as recomendacións e boas prácticas das principais organizacións en materia de transparencia.
Posibilitase pois a ampliación da transparencia da actividade publica local, facilitando a súa consulta dunha forma clara, estruturada, entendible e de fácil acceso fomentando o achegamento á cidadanía das institucións, como unha ferramenta de mellora da calidade democrática.
Por último, a través do novo Portal facilitase a presentación das solicitudes de acceso á información público no respectivo concello, así como unha serie de manuais, guías prácticas, preguntas frecuentes e outros documentos de interese local coa finalidade de fomentar a capacitación, a cultura e os valores propios da transparencia nos concellos por ser a administración mais próxima á cidadanía.
En concreto, as entidades locais que soliciten o alta no portal de transparencia local de Galicia, terán acceso a:
- unha Guía practica de transparencia: guía na que se orienta ás entidades locais sobre qué información debe ser publicada, como debe ser publicada e a periodicidade con que deber ser publicada, sobre as obrigas legais das administracións locais e sobre o dereito do cidadán a estar axeitadamente informado en todo momento.
- Distintos modelos de formularios e resolucións municipais a empregar no exercicio da transparencia.
Tecnicamente trátase dunha plataforma en modelo Cloud adaptada ao RD Lex 3/2011 e á Lei 11/2007, garantindo o cumprimento dos máximos estándares de seguridade e LOPD.
Para que unha entidade local poida dispoñer dun portal de transparencia publicado no Portal de transparencia local de Galicia é preciso que o alcalde/sa, presidencte/a ou secretario/a da entidade local estean dados de alta no portal Eidolocal e se solicite o servizo mediante o modelo dispoñible, na área priva de Eidolocal, no apartado ·"Contido relacionado" desta mesma páxina.
Es entidades locais que xa dispoñan de portal de transparencia aloxado nunha plataforma externa a Eidolocal poderán solicitar que o Portal de transparencia local de Galicia enlace ao seu portal mediante este mesmo modelo de solicitude.
Se desexa máis información sobre o servizo pode poñerse en contacto co CAU da Xunta a través do telefono 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal.
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno | Esta Lei ten por obxecto ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública, regular... | |
Solicitude alta/baixa/publicar/despublicar do portal de transparencia dunha entidade local... | Solicitude alta/baixa/publicar/despublicar o portal de transparencia dunha entidade local ... | |
Guía rápida portal de transparencia local de Galicia (versión galego) | Nesta guía explicativa describense as características e a información que se pode atopar n... | |
Guía rápida portal de transparencia local de Galicia (versión español) | En esta guía explicativa se describen las características y la información que se puede en... |
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
01/02/2024
Xunta de Galicia, Amtega
Xestión interna EELL
Entidades locais
Portal web
Gratuíto
Convenio eAdministración