Portal de consulta de expedientes de obras visadas no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e descarga de documentos dos expedientes segundo os seus traballos ou versións.

A Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia firmaron un convenio de colaboración que ten por obxecto establecer mecanismos de interoperabilidade entre o procedemento de tramitación telemática de traballos profesionais do Colexio de Arquitectos e os procedementos de tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas das diferentes administracións galegas. Isto posibilita:

  • Que as administracións públicas galegas interesadas poidan obter directamente desde o sistema de xestión do Colexio de Arquitectos unha copia en formato electrónico, a través dun sistema que garante a seguridade desta información e a proteccion de datos persoais, o sistema de interoperabilidade pasaXe! da Xunta de Galicia e coa autorización previa dos técnicos autores e do propio administrado, da documentación técnica e administrativa vinculada coa tramitación de licenzas e outras tramitacións urbanísticas.

Deste xeito, o administrado poderá realizar a achega da documentación técnica correspondente á solicitude dunha maneira mais áxil e económica que utilizando a opción de achegar dita documentación en papel.

Supón unha simplificación da tramitación administrativa.

A estes beneficios súmanse aqueles relativos ao medio ambiente e á transparencia na xestión.

  • A normalización da documentación técnica e administrativa de carácter xeral. A documentación técnica correspondente aos traballos profesionais obtida do sistema de tramitación do COAG atoparase tipificada, estruturada e asinada conforme ao modelo normalizado que o Colexio se encarga de ter adecuadamente actualizado de acordo coa normativa vixente.
  • A garantía sobre a identidade e habilitación dos técnicos redactores no caso de traballos visados e sobre a identidade e colexiación habilitante noutros casos. O procedemento de tramitación colexial inclúe estas verificacións dos técnicos asinantes, polo que se evitará a solicitude e xestión de documentación adicional para a verificación deste extremo por parte das diferentes administracións.

A documentación á que se pode acceder deste xeito é a correspondente aos traballos profesionais definidos na “Guía de tramitación de traballos profesionais” do COAG, como:

  • Obras:
    • Edificación
    • Ordinarias
    • Derrubas
    • Urbanización
  • Outros traballos:
    • Periciais
    • Informe de inspección técnica de edificios (ITE)
    • Informe de avaliación de edificios (IAE)
    • Certificado de eficiencia enerxética
    • Avaliación de impacto ambiental (actividades)
    • Estudo de xestión de residuos
    • Estudo ou estudo básico de seguridade e saúde
    • Estudo xeotécnico
    • Memoria de actividade
    • Proxecto parcial

Dispón de máis información sobre o servizo no documento de presentación do servizo e no manual de usuario.

As entidades locais que desexen obter acceso aos servizos deberán estar adheridas ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica e os equipos informáticos da entidade que vaian a acceder ao portal deberán cumprir os seguintes requisitos de:

Hardware:

  • Un ordenador que dispoña de conexión a internet ou ben integrado na Rede Corporativa da Xunta de Galicia
  • Recoméndase a utilización dun lector de certificados dixitais

Software:

  • Navegadores:
    • Internet Explorer 11 (sen vista da compatibilidade)
    • Mozilla Firefox (dende a versión 58 en adiante)
    • Microsoft Edge (sempre a última versión)
    • Google Chrome (sempre a última versión)

Para o acceso ao sistema será precisa a utilización dun certificado dixital; poderá consultar os certificados soportados na seguinte ligazón: Autoridades de Validación.

O certificado deberá estar instalado no ordenador dende onde se navega ao portal

  • Aplicación lectora de PDF.
  • Aplicación para a extracción de arquivos ZIP.

Para o inicio do trámite de alta deben remitir cumprimentado e asinado electrónicamente o formulario de alta ao Cau periférico (cau-periferico@xunta.gal). O nome e apelidos neste formulario deben coincidir exactamente cos indicados no certificado dixital co que se vai a acceder.

Despois de enviado o formulario de alta correctamente cumprimentado e firmado, daremos de alta o servizo nunha modalidade de probas á espera de que a entidade local nos confirme que pode pasar a utilizalo nas súas xestións ordinarias de tramitación.

 

Identificador Formato Nome Descrición
66337 Documento Manual de usuario do Portal de Consulta de Obras ( Portal IOCOAG) Este manual ten por obxectivo dar conta do sistema é permitir a integración dos concellos ...
66338 Documento Alta/baixa entidade local para a utilización dos servizos a través do Portal de Consultas ... Formulario de Alta/baixa entidade local para a utilización dos servizos a través do Portal...
66632 Documento Presentación sobre o portal de consultas de obras (IOCOAG) Breve presentación na que se informa sobre as características do portal de consulta de obr...
Identificador Tipo de servizo Nome servizo Convenio eAdmon Modalidade solicitude
142 Aplicacións e servizos finais Consulta de expedientes COATAC Correo electrónico
20421 Aplicacións e servizos finais Consulta de expedientes COATPO Correo electrónico

Para calquera dúbida técnica sobre a xestión da súa alta ou incidencia co servizo poderase poñer en contacto con CAU a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal. Para calquera outro tipo de dúbidas non técnicas sobre este servizo poderá contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.

Data modificación

01/02/2024

Proveedor/Responsable do servizo

Amtega, Departamento Administración electrónica

Tipo de uso

Xestión interna EELL

Beneficiario

Entidades locais, Presidentes/as, Alcaldes/esas, Interventores/as, Secretarios/as, Empregados públicos

Modo de consumo

Portal web

Tipo de financiación

Gratuíto

Regulado por

Convenio PMSBAE