Infraestrutura e Sistemas de Documentación Electrónica (INSIDE)
Servizo que permite a xestión de documentos e expedientes electrónicos cumprindo cos requisitos previstos no Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI) e que integra servizos de interconexión coa Administración de Xustiza permitindo o envío telemático dos expedientes administrativos requiridos polos órganos xudiciais ou por outras administracións públicas. Supón a xestión documental integramente electrónica dos documentos da xestión viva do expediente, como paso previo ao arquivado definitivo da documentación nun formato interoperable e duradeiro.
Este sistema permite a remisión de expedientes administrativos de forma integramente dixital aos órganos xudiciais do territorio competencia do Ministerio de Justicia e aos de varias Comunidades Autónomas. En concreto, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, os xulgados que teñen actualmente a posibilidade de recibir expedientes por esta vía, estando prevista a incorporación progresiva dos restantes órganos xudiciais, son:
INSIDE permite intercambiar expedientes non só coa Administración de Xustiza senón que tamén entre dúas administracións calquera. Para iso dispón dun servizo denominado "Remisión na nube" mediante o que se permite xerar unhas credenciais de acceso a un expediente electrónico, que pode estar previamente cargado en INSIDE, ou recollido directamente da orixe, a través dun sistema de comunicación que de maneira automática permite compartir e intercambiar documentos e expedientes electrónicos.
MODOS DE USO
As entidade locais poden acceder a INSIDE das seguintes formas:
1- A través dunha aplicación de xestión de expedientes xa integrada cos servizos web de INSIDE podendo facer remisións de expedientes a Xustiza automaticamente sen necesidade de saír desta ferramenta. No caso de que esta aplicación non teña activado este envio de expedientes para a súa entidade, deberá ponerse en contacto co proveedor do seu xestor de expedientes para que llo active.
2- Accedendo directamente á aplicación web INSIDE. Neste caso terán que entrar directamente na aplicación INSIDE e subir manualmente o expediente para logo remitilo por INSIDE ao órgano xudicial ou administración pública correspondente.
3- Utilizando os servizos web de INSIDE para integración con cliente. Neste caso a entidade local dispón dunha ferramenta de xestión de expedientes non integrada con INSIDE e desexa solicitar a integración da súa ferramenta con INSIDE.
As entidades locais que desexen ter acceso a este servizo, en calquera das modalidades antes indicadas, deberán estar adheridas ao “Convenio entre a Administración Xeral do Estado (MINHAP) e a Xunta de Galicia para a prestación mutua de solucións básicas de administración electrónica”
Na páxina do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT) do Estado na área de descarga de INSIDE está dispoñible toda a información e documentación necesaria para solicitar o servizo nas modalidades de uso indicadas nos puntos 2 e 3 do apartado anterior. Pode consultala accedendo desde a ligazón seguinte:
Para asegurar un funcionamento óptimo do servizo recoméndase que os equipos informáticos desde os que se acceda directamente á web de INSIDE dispoñan de:
- Navegador: Mozilla Firefox 40 ou superior, Google Chrome 32 ou superior ou Internet Explorer 11 ou superior.
- Máquina virtual de Java: JRE versión 7.0.51 ou superior instalada no navegador.
- AutoFirma (INSIDE é compatible coas versións 1.6.5 ou superior, recoméndase utiilzar a versión 1.7)
- Acceso á Rede SARA.
- Certificado Dixital ou DNI electrónico instalado no navegador.
- Dispoñer dunha aplicación lectora de PDFs
SOLICITUDE DE ACCESO AO SERVIZO
As solicitudes de acceso ao servizo deben canalizarse mediante a seguinte ligazón:
Consultas, incidencias ou solicitudes relacionadas co servizo INSIDE (minhap.es)
En concreto, para solicitar a alta/baixa en INSIDE para acceso vía web, debe cumprimentarse o seguinte modelo: solicitude alta INSIDE e xuntarse á consulta/solicitude que se abra na páxina do MINHAP antes indicada.
Tamén poden contactar co CAU da Xunta a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal para calquera dúbida sobre cómo realizar a súa solicitude de alta no servizo. Para calquera outro tipo de dúbidas máis funcionais pode contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
Modelo solicitude de alta/baixa administradores para uso INSIDE vía web | Modelo solicitude de alta/baixa de persoas usuarias de perfil administrador para o uso de ... | |
Listados de órganos xudiciais de Galicia activos en INSIDE | Listado dos órganos xudiciais da comunidade autónoma de Galicia que teñen activada a recep... |
As dúbidas e incidencias relativas á aplicación e aos servizos web de INSIDE, así como as solicitudes de acceso ao servizo deben canalizarse mediante a seguinte ligazón:
Consultas, incidencias ou solicitudes relacionadas co servizo INSIDE (minhap.es)
En concreto, para solicitar a alta/baixa en INSIDE para acceso vía web, debe cumprimentarse o seguinte modelo: solicitude alta INSIDE e xuntarse á consulta/solicitude que se abra na páxina do MINHAP antes indicada.
Tamén poden contactar co CAU da Xunta a través do Tlfno 881 995 300 ou no correo electrónico cau-periferico@xunta.gal para calquera dúbida sobre cómo realizar a súa solicitude de alta no servizo. Para calquera outro tipo de dúbidas máis funcionais pode contactar coa Oficina eConcellos a través do Tlfno. 981 957 595 ou do correo electrónico: oficina.econcellos@xunta.gal.
01/02/2024
Administración General del Estado/Xunta de Galicia
Interacción entre Administracións
Entidades locais
Portal web, Aplicación consumidora
Gratuíto
Convenio PMSBAE