Consulta de expedientes COATPO
Acceso á información xeral en liña de distintos tipos de expedientes tramitados no Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (COATPO).
O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra, COATPO, facilitará a todos os concellos que o soliciten, un usuario e un contrasinal de acceso á súa web colexial (https://www.coatpo.es), mediante o que, indicando o motivo da consulta e o nº do expediente, terá acceso directo en liña á información xeral dos seguintes tipos de expedientes:
- Proxectos.
- Direccións de obra.
- Direccións de execución de obra.
- Legalizacións.
- Coordinacións de seguridade e saúde.
- Estudos/estudos básicos de seguridade e saúde.
- Proxectos de actividade.
- Informes, certificados, tasacións, peritacións, etc.
- En xeral, calquera outro encargo que sexa tramitado no COATPO.
Esta información xeral estará composta por:
- Tipo de trámite realizado (visado ou rexistro).
- Fecha de tramitación.
- Emprazamento da obra obxecto do expediente.
- Presuposto e superficie da obra obxecto do expediente.
- Promotor.
Asemade, nos casos nos que a tramitación da documentación se realizase en formato dixital, o persoal do concello poderá consultar e descargar en formato electrónico dita documentación.
Para solicitar usuario e contrasinal de acceso deberá remitir ao Centro de Atención a Usuarios, CAU (cau-periferico@xunta.gal) a solicitude de alta no servizo debidamente cumprimentada e asinada.
Unha vez dado de alta, o colexio remitiralle as credenciais de acceso.
O único requirimento necesario para poder utilizar o servizo é dispoñer de ordenador con conexión a Internet e un programa de lectura de documentos en formato pdf.
Formato | Nome | Descrición |
---|---|---|
Solicitude de alta ou baixa do/a usuario/a de acceso ao servizo de consulta de expedientes... | Modelo de solicitude de usuario/a de acceso ao servizo de consulta de expedientes do COATP... |
Tipo de servizo | Nome servizo | Convenio eAdmon | Modalidade solicitude |
---|---|---|---|
Consulta de expedientes COATAC | Correo electrónico | ||
Portal de Consultas de Obras (IOCOAG) | Correo electrónico |
Para calquera problema técnico co servizo poderá contactar co CAU (cau-periferico@xunta.gal) ou teléfono: 881 995 300 e para calquera consulta ou dúbida de carácter funcional deberá contactar directamente ca Secretaria Técnica de control e visado do COATPO (secvisado@coatpo.es) ou teléfono: 986 434066.
26/07/2023
Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra, COATPO; Xunta de Galicia /Consellería de Facenda e Administración Pública/Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
CAU (Tlf. 881 995 300, correo electrónico: cau-periferico@xunta.gal, horario: 7:30-21:00 L-V e 8:00-15:00 Sábados)
Interacción entre Administracións
Empregados públicos
Portal web
Gratuíto