Fondo de Compensación Ambiental

Fondo de Compensación Ambiental

Fondos de Compensación Ambiental

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

EXTRACTO da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

BDNS (Identif.): 740347

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

 

Beneficiarios

  • Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva: aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, os afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V desta orde.
  • Convocatoria de subvencións de naturaleza competitiva:
    • Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.
    • Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións  ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.
    • As mancomunidades de concellos de Galicia.
    • Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.

Quedan expresamente excluídas as deputacións provinciais.

Obxecto

Regular os criterios de repartición e establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.

Bases reguladoras

Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2024, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia.

Importe

Para o financiamento da convocatoria de subvencións destínase un total de 7.669.950,00 euros.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Para máis información e realizar a solicitude desta subvención acceda aquí á Sede da Xunta:

 

 

Subvencións para adquisición de vehículos alternativos

Subvencións de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local

ORDE do 1 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (código de procedemento PR483E)

EXTRACTO da Orde do 1 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (código de procedemento PR483E).

BDNS (Identif.): 631122.

Beneficiarios

  • Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que subscribisen ou vaian subscribir un contrato de renting con data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2022 e que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter menos de 50.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en xaneiro de 2021, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.

b) Ter remitida a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2020, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola persoa secretaria ou interventora do concello.

c) Contar con corpo de policía local, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

Obxecto

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia da subministración, mediante o sistema de renting, de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos enchufables e non enchufables, que reúnan as condicións para obteren o distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, con destino aos corpos de policía local para o exercicio das súas funcións.

Bases reguladoras

ORDE do 1 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de policía local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (código de procedemento PR483E)

Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito ata un importe máximo de 600.000,00 € coa seguinte distribución por anualidades:

Anualidade

Total anual

2022

112.500,00

2023

150.000,00

2024

150.000,00

2025

150.000,00

2026

37.500,00

Total

600.000,00

 

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

 

Para máis información e realizar a solicitude desta subvención acceda aquí á Sede da Xunta: