Fondo de Cooperación Local

Fondo de Cooperación Local

Fondo de Cooperación Local

Criterios e procedemento para a distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos concellos de Galicia con poboación inferior a 15.000 habitantes, previsto no artigo 60 e.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Destinatarios

Poderán ser destinatarios da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde, previsto nas alíneas h), j) e k) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, os concellos de Galicia que teñan unha cifra de poboación inferior a 15.000 habitantes, segundo as cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en 2024 publicadas polo Instituto Galego de Estatística, que son os que se relacionan no anexo II desta orde.
Para poderen acceder ás achegas do fondo adicional que se regulan nesta orde, os concellos deben ter remitido a conta xeral do exercicio 2023 ao Consello de Contas de Galicia.

Obxecto

Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista nas alíneas h), j) e k) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), destinada aos concellos de poboación inferior a 15.000 habitantes, con código de procedemento PR486B, para o financiamento das seguintes actuacións:
 
  • Liña 1. Investimentos destinados á mellora da eficiencia enerxética das infraestruturas municipais.
  • Liña 2. Adquisición de maquinaria e equipamento vinculado á prestación de servizos de competencia municipal.
  • Liña 3. Investimentos destinados á modernización e á mellora das redes de abastecemento municipal.

Orde que regula os criterios de distribución

 

Dotación do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local

  • A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local que se distribúe mediante esta orde ascende a un total de 5.000.00,00
  •  A distribución do importe realizarase en función dos criterios aprobados pola consellería competente en materia de Administración local.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
 
Para máis información e realizar a solicitude desta subvención acceda aquí á Sede da Xunta:
 

 

Fondo de Cooperación Local

Criterios de distribución do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico, previsto na letra i) no artigo 60 e.catro da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025.

Destinatarios

  • A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia a letra i) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos ten como destinatarios os concellos que realicen investimentos en infraestruturas municipais que supoñan un desenvolvemento estratéxico desde o punto de vista económico, social ou territorial do concello.
  • Os concellos poderán presentar proxectos de forma individual ou proxectos conxuntos, a través de asociacións ou agrupacións reguladas por convenio ou mediante mancomunidades.
  • Para poder acceder ás achegas do fondo adicional, as entidades solicitantes deben acreditar a remisión da conta xeral do exercicio que corresponda ao Consello de Contas de Galicia.

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer os criterios para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na letra i) do artigo 60.catro da Lei 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2025, e abrir un prazo para a presentación de solicitudes de financiamento para proxectos estratéxicos (código de procedemento PR486E).

Orde que regula os criterios de distribución

Dotación do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local

  • A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local previsto na letra i) do artigo 60.catro da Lei de orzamentos xerais para 2025 ascende a un total de 8.514.297,00 €, para a que existe crédito adecuado e suficiente na sección 21 (Transferencias a corporacións locais) dos orzamentos para 2025.
  • As operacións necesarias para a xestión orzamentaria e contable desta achega serán realizadas pola Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico por proposta da Dirección Xeral de Administración Local, que ditará os actos administrativos que precisen de soporte contable.

Actuacións financiables

  • A dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local a que fai referencia esta orde está destinada á realización de investimentos de carácter estratéxico para a respectiva entidade local.
  • Para os efectos deste fondo e sempre que se xustifique debidamente na memoria xustificativa e no proxecto que se presente, considéranse proxectos estratéxicos:

a) Os proxectos para a realización de investimentos nas infraestruturas locais que sexan fundamentais ou decisivos para a mellora dos servizos, para o desenvolvemento social ou para o equilibrio territorial e teñan repercusión no ámbito supramunicipal ou comarcal.

b) Os proxectos de investimentos en infraestruturas locais con transcendencia económica ou industrial en sectores estratéxicos de ámbito local ou comarcal, que incentiven o desenvolvemento empresarial ou que promovan o tecido comercial da zona.

c) Os proxectos que desenvolvan investimentos en infraestruturas municipais previstos nun plan estratéxico aprobado pola entidade local.

d) Os proxectos de investimento para a conexión, a reorganización, o agrupamento ou a centralización dos edificios e espazos destinados á prestación de diversos servizos municipais que teñan como obxectivo a mellora do funcionamento administrativo e do acceso da cidadanía á realización de distintos trámites, que funcionen como espazos de encontro e interacción social e/ou que actúen como eixos para un modelo sustentable da mobilidade urbana.

  • Sen prexuízo de que o proxecto reúna as características sinaladas nas letras a), b), c) ou d) da alínea anterior, que quedarán debidamente xustificadas no expediente, para a súa consideración como estratéxico o proxecto deberá ter un orzamento mínimo de 500.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
 
Para máis información e realizar a solicitude desta subvención acceda aquí á Sede da Xunta: